Elena Muñoz e Javier Guerra teñen superado o número mínimo de apoios válidos -70 militantes- previsto no artigo 19 do Regulamento de Organización do Congreso. Lucía Molares presentou na tarde do venres a súa renuncia como candidata, segundo confirma o comité organizador.
Sagrario Franco informou tamén de que, en aplicación do disposto na normativa de organización do Congreso, dá comezo a campaña electoral interna, que se inicia o próximo luns, 21 de novembro e finaliza o domingo 11 de decembro.
«Durante a campaña a Comisión Organizadora garantirá aos dous candidatos a igualdade de oportunidades, asegurará a neutralidade da organización e velará pola transparencia de todo o proceso», explica.
Recollida de avais
O Comité Organizador do Congreso explica ademais que a data para a presentación de avais rematará o 15 de decembro ás 11.00 horas. E cada candidatura terá que estar avalada por un mínimo de 200 sinaturas de militantes que esteanaocorrente de pago das cotas de afiliados e que no caso de que un militante avalara a máis de un candidato, o COC declarará nulos eses avais.