O goberno local aprobou o proxecto de execución de recuperación e posta en valor da muralla de O Castro, una actuación que se enmarca nun convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento e o Concello que se formalizará de forma inmediata. O importe da actuación é de 800.000 euros, dos que 600.000 corresponden ao Goberno Central e o resto, ao Concello. Segundo detallou o rexedor, o obxectivo é a restauración, consolidación e posta en valor das murallas de O Castro que forman parte dunha fortaleza defensiva do século XVII.
Para subsanar o deficiente estado de conservación, traballarase en tres liñas principais, explicou. En primeiro lugar, realizaránse intervencións de conservación e recuperación de elementos propios da fortaleza. A continuación, reoganizarase a accesibilidade do momumento a través da porta norte e, por último, mellorarase a integración do conxunto na paisaxe «con iluminación e restructuración da masa vexetal circundante porque, respectando este ámbito, hai que darlle visibilidade ás murallas», dixo o rexedor.
Na mesma Xunta de Goberno deuse luz verde á contratación das obras de humanización da segunda fase da rúa Ferreiros, cun custo de 146.000 euros, así como á clasificación de ofertas para a contratación da reforma das obras en Doutor Corbal, cun importe de licitación de 500.000 euros.
Política social
O rexedor tamén deu conta da autorización para a organización do EnlazaVigo 2016, durante a semana do 18 ao 26 de novembro, con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero. Entre as actividades previstas está o xa tradicional tapiz humano que se forma entre a confluencia das rúas Colón e Urzáiz e que «da a volta a España», ademais da realizacion dunha exposición colectiva sobre paneis colocados nas escaleiras do Marco e o reparto de lazos lina co lema Vigo, libre de violencias machistas. 25N.