• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 2 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    exposición

    Salvaterra «redescobre» a tres ilustres veciños

    A asociación Lazoiro organizará os días 21, 22 e 23 outubro A Nosa Memoria, unha exposición nas Covas de Dona Urraca con medio cento de fotografías, documentos e xornais da época relacionados coa memoria histórica da vila, ademais o día 23 haberá un acto homenaxe
    Redacción por Redacción
    16 de Oct, 2016
    en Salvaterra de Miño
    0
    Salvaterra «redescobre» a tres ilustres veciños

    Esta nova edición, organizada baixo o título “A Nosa Memoria” e que terá lugar no mesmo emprazamento co anterior, pretende dar a coñecer unha parte da historia da nosa vila descoñecida para moita xente, relacionada coa guerra civil.

    «A Nosa Memoria», na que a entrada, ao igual o ano anterior, seguirá sendo de balde, abrirá ao público o venres 21 de outubro de 19:30h a 21:30h, podendo visitarse ao longo de todo o fin de semana do 22 ao 23 en horario de 10:30h a 14:00h, e de 16:30 a 21:30.

    A exposición estará organizada a través dun orde cronolóxico no tempo, para que sexa máis fácil a súa compresión, onde os visitantes poderán coñecer a través das fotografías e diferentes montaxes explicativos a historia dos acontecementos que tiveron lugar. Tamén terán a oportunidade de ollar obxectos da época ou xornais de relevante importancia local.

    Ademais, o domingo 23 a partires das 17:00h terá lugar un acto homenaxe no que intervirán Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Paz Antón, historiador, investigador e escritor e tamén contará cunha actuación musical ao cargo do veciño de Salvaterra Fernando Abreu, profesor de música, membro do Cuarteto Caramuxo e 2u2 e da Banda Crebinsky.

    Debido a que «A Nosa Memoria» está adicada á Memoria Histórica, a Asociación Lazoiro pretenderá dar a coñecer en especial a tres figuras de Salvaterra dunha forma amena e didáctica.

    A primeira, Manuel Mariño Méndez, nado na parroquia de Fiolledo, dotado dun talento emprendedor e compromiso social creou no ano 1913 a Sociedade Agraria de Fiolledo, Oleiros e de Salvaterra coa axuda dos emigrados na Arxentina. Foi concelleiro e o primeiro alcalde constitucional na II República de 1931 e 1934. Sendo enlace da Unión Progresista do Distrito de Salvaterra de Miño en Bos Aires mercou os terreos para facer en Salvaterra a Casa Cooperativa Sindical ou Casa do Pobo (1927-1929). Delegado Rexional no II Congreso da Federación Nacional de Traballadores da Terra en 1931 en Madrid. Co golpe de Estado do 1936 controlou e dirixiu accións para preservar a legalidade. Tivo que agocharse na parroquia de Leirado e posteriormente fuxiu a Portugal, detido en Monçao durante uns meses, remataría nun penal de Lisboa que coa axuda do embaixador español logrou fuxir á zona republicana. Regresou a Galicia en 1947 con 65 anos de idade aproveitando un indulto de Franco para aqueles que non tiñan delitos de sangue. Viviu silenciosamente na parroquia que o viu nacer ate o seu falecemento o día 15 de febreiro de 1967 aos 85 anos de idade.

    A segunda persoa, José Domínguez González, tenente de alcalde fusilado, naceu na parroquia de Corzáns, con 16 anos emigra a República Arxentina, traballou de panadeiro e foi sindicalista deste gremio. En 1920 foi membro da Comisión da Directiva recen fundada “Sociedad Juventud Progresista Hijos de Fornelos y Anexos de Buenos Aires”. Axudou na compra dun terreo para a escola de Fornelos, entre outros. Escribiu artigos para Acción Gallega ou A Fouze de Bos Aires. Membro da Sociedade Nazonalista Pondal de Bos Aires.A Raíz do golpe do 18 de xullo de 1936 forma parte do Comité da Defensa da República, participa na requisa de armas, municións e ferramentas seguindo as ordes oficiais que emitía o Goberno. O 28 de xullo publícase un bando de guerra en Salvaterra e aínda que Domínguez permanecerá agochado en Corzáns, remata por ser detido, ingresou na prisión de Tui 11 dea gosto, trasladado a Vigo para ser finalmente fusilado no monte do Castro en Vigo o 24 de febreiro de 1937.

    A terceira persoa, don Manuel Puente González (1890-1970), naceu na parroquia de Oleiros, en 1906 emigra a Bos Aires e aprende o oficio da xoiería, funda no 1919 a empresa Manuel Punta y Cia, unha das maiores cadeas de xoiería e pratería da Arxentina. Puente foi fundador da dirección de Sociedad Anónima Industría Sérica Argentina, primeira fábrica de seda natural da Arxentina. Tivo diversos cargos, entre os que cabe destacar o de tesoureiro na Cámara Sindical de Comercio de Bos Aires, presidente da Cámara de Comerciantes Republicanos Españoles e fundador e primeiro presidente da Sociedade Unión Progresista de Salvatierra de Miño. Membro da Federación de Sociedades Galegas e a Irmandade Galega da Arxentina, socio do Centro Gallego, Centro Orensano, Centro Pontevedrés e outros. En 1929 viaxa a Salvaterra onde inaugura a Casa do Pobo. En 1940 cando Castelao chega a Bos Aires en calidade de exiliado, Puente puxo a disposición de Castelao e a súa dona Virxinia Villaverde e outros. Funda xunto a Castelao e outros o Consello de Galiza (Goberno galego no exilio), sendo Puente presidente da Comisión de Facenda. Costeou diferentes obras de Castelao, entre as que esta o «Sempre en Galiza», «Albumes de Guerra» e as «Cruces de Pedra». Sufragou tamén os gastos de «Historia de Galicia» de Otero Pedrayo e contribuíu a recadación de fondos para financiar a editorial Galaxia fundada no 1950. Finou en Bos Aires no ano 1970, deixando a súa pegada na historia como o gran mecenas galego da emigración.

    ManuelPuente_Castelao_esquerdacastelao
    Pedrayo Puente Alonso Ros etc 1947 Visita de Otero a Buenos aires

    43

    RelacionadosArtículos

    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida
    Local

    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida

    02 de Nov, 2025
    Vigo esperará a los baremos del Gobierno para decidir si limita los precios de los alquileres
    Sucesos

    Piden tres años de prisión para un hombre acusado de estafa al anunciar el alquiler de un piso en Vigo

    02 de Nov, 2025
    Una nueva borrasca para abrir noviembre en Vigo: rachas de 80 km/h y lluvias de 40 l/m2
    Local

    Una nueva borrasca para abrir noviembre en Vigo: rachas de 80 km/h y lluvias de 40 l/m2

    02 de Nov, 2025
    Novo parque para Riomaior: pistas, parque infantil, pump track, calistenia, sendas e rúas de atletismo
    Morrazo

    Novo parque para Riomaior: pistas, parque infantil, pump track, calistenia, sendas e rúas de atletismo

    02 de Nov, 2025
    15 novelas y cómics de aventuras publicados en octubre que no te puedes perder
    Libros

    15 novelas y cómics de aventuras publicados en octubre que no te puedes perder

    02 de Nov, 2025
    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio
    Redondela

    Dos heridos, uno grave, y cortada la N-555 por un accidente entre un vehículo sin carné y un coche de un tanatorio

    01 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Xunta envía a Vigo (en menos de una semana) el visto bueno sobre el Olivo: «No hay disculpa para avanzar»

    por Redacción
    28 de Oct, 2025
    0

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    por Redacción
    31 de Oct, 2025
    0

    Urbanismo da vía libre para que una planta comercial de 800 m2 se transforme en 11 viviendas en pleno centro de Vigo

    Urbanismo da vía libre para que una planta comercial de 800 m2 se transforme en 11 viviendas en pleno centro de Vigo

    por Redacción
    27 de Oct, 2025
    0

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    por Julio Alonso
    30 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Aparcamiento a medida en Camiño Regueiro
    Más Vigo

    Aparcamiento a medida en Camiño Regueiro

    Lo que muestra la fotografía es un aparcamiento arbitrario en la ciudad de Vigo. Realmente no molesta a nadie y...

    por Julio Alonso
    01 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    15 novelas y cómics de aventuras publicados en octubre que no te puedes perder
    Libros

    15 novelas y cómics de aventuras publicados en octubre que no te puedes perder

    En pleno otoño, son muchas las novedades que hemos tenido en novelas y cómics de aventuras. ¿Las repasamos juntos? 1)...

    por Gabriel Romero de Ávila
    02 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Lo del Celta empieza a ser preocupante
    Opinión

    Lo del Celta empieza a ser preocupante

    Datos hasta hoy : 9 jugados, 0 ganados, 7 empatados, 2 perdidos, a favor 8 goles, encajados 11. Puntos 7....

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Oct, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR