Os 152 alumnos e alumnas viguesas, que cursan Bacharelato, pasarán un mes aprendendo a lingua e convivindo cunha familia nativa. Proceden de diferentes institutos da cidade: IES Alexandre Bóveda, IES Beade, IES Politécnico, IES San Tomé de Freixeiro, IES Santa Irene, Amor de Dios, IES Coruxo, Alborada, Atlántida, IES Álvaro Cunqueiro, IES Carlos Casares, IES Rosais 2, San Blas, Montesol e San José de Cluny.
O alcalde adiantou que mañá xoves sairán os dous grupos de alumnado que falta para completar o total de 420 bolseiros deste ano, que se suman aos 150 estudantes que marcharon no mes de xuño, ata as 617 bolsas concedidas neste curso académico. O Concello destina a este programa do que xa se beneficiaron «4.000» mozas e mozos vigueses, 1.500.000 euros.
Para o rexedor, o programa municipal de bolsas de inglés é un «éxito excepcional» e responde ao modelo que quere seguir o seu goberno para que «todos os nenos e nenas falen castelán, galego e inglés e que teñan esta oportunidade» de ir fóra, algo que, menciounou, antes non acontecía «cando cheguei ao Concello ían estudar inglés os fillos dos donos das fábricas e agora van todos os nenos e nenas que o piden».