• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 21 de mayo de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    entrevista

    «Cans medrou moi rápido e foi como un cabalo que tivemos que frear en moitas ocasións»

    Alfonso Pato, director do festival de Cans, que este ano celebra a súa decimoterceira edición, analiza con Vigoé a espectacular progresión dun evento que naceu como "broma" aproveitando a similitude do nome da parroquia porriñesa co festival de Cannes
    Jorge Castro por Jorge Castro
    19 de May, 2016
    en Cine
    0

    Baixa un extraterrestre a terra e, como se pode explicar o que é Cans?

    Algunha vez formulei a pregunta a min mesmo. É unha mistura de moitas cousas. E algo así como o Festival de Benicasim, misturado co de Ortigueira e algo do de Sundance. Todo isto posto nunha trituradora e elevado ó rural galego e coa participación dos veciños. Hai unha cousa que pode explicar Cans mil veces, pero se non vas non o podes saber.

    O que si é claro é que é algo único
    Nós sempre dicimos que non sabemos se será o mellor festival do mundo, pero é o máis diferente do mundo. A pesar de medrar cada ano, somos capaces de manter a esencia do festival co certame de curtas de Galicia, as proxeccións nos galpóns e os chimpíns como transporte. Non se rachou e creo que son os mellores logros.

    Por onde comeza a explicar o que é Cans a unha persoa de fóra?
    Dígolle que é un festival de cine, de curtas. No que a música ten un interese especial e no que, por enriba de todo hai un sentimento. É ese vello sentimento de Galicia que é o man común. É un festival mancomunado no que empurran todos os veciños. Un albanel axuda no torreiro das estrelas, un carpinteiro coas pantallas… Este sentimento de ben común é o que rixe o festival. Un 90% faise en propiedades privadas o que é moi elevado para as miles de persoas que recibe.

    Se mira a cantidade de actividades que ten o programa do festival, que pensa?
    O primeiro que vexo no programa impreso é que cada ano o teño que estudar. Estaba facendo un cálculo e pasan por aquí 160 músicos e 100 realizadores. Calculamos que nos catro días de festival, servimos 1.045 comidas de organización e invitados. É unha pequena cidade flotante. O festival medrou moi rápido e foi como un cabalo que tivemos que frealo en moitas ocasións. Hai que dar uns servizos a xente, un transporte, un equipo médico.

    Como se pode xestionar un crecemento tan rápido en tan pouco tempo?
    Nós non tiñamos ningún modelo que copiar. Non había nada semellante. Había moitos foros de xestión cultural e cousas, pero había pouca práctica e menos como o de Cans. Soamente o sábado traballan 200 persoas. Temos xuntanzas de xefes de equipo de 50 persoas. A nosa intención é crear unha estrutura sólida que nos supere os que estamos aquí e, deste xeito, calquera que poida pillar isto teña unha estrutura coa que traballar.

    Saen as contas no festival de Cans?
    Saen mirando ó ceo porque é un evento nunha aldea e ó aire libre. Se chove, faise igual. Pero os números cadran cando hai moita xente, as barras funcionan e tamén o merchandising. É un festival que funciona na maioría con recursos propios do festival. Hai axuda pública, que é importante, pero mantén o peso principal o diñeiro xerado no propio evento.

    Hoxe en día Cans é un festival multidisciplinar
    Nós nunca renunciamos as curtas e o descubrimento de novos creadores galegos. Este ano introducimos a cociña, a literatura, ás artes plásticas, o humor gráfico. Todo parte de proxeccións que é a esencia do que somos e polo que nacemos.

    Que son os roteiros?
    Empezou como unha cousa para facer porque había afeccionados a camiñar. Fixemos polos ríos e o monte e hai dous ou tres anos demos cunha clave máxima que son os roteiros sonoros con Xurxo Souto. Moita xente nova que se deita as cinco da mañá está as nove en pé para facelo. Xurxo guíanos por Cans e na casa hai músicos, sobre todo acordeonistas de Cans. Canta, contan historias e bailas e a ruta remata cunha gran actuación. É un canto a tradición e a memoria da aldea aínda que moitos o fagan coa resaca ás costas. Eu mesmo déitome moi tarde e estás alí porque é digno de ver.

    Chega a casa dun veciño que leva colaborando dende o primeiro ano e supoño que iso é o que dá forza para colaborar
    A min pasáronme cousas moi bonitas con veciños. Unha veciña que díxome ó rematar o festival que, na súa entrada tiñas unhas rosas e por alí pasaron centos de persoas. Pois non faltou nin a primeira. Un veciño dixo na tele e dixo que “xa non é o mesmo ca antes, pronunciase doutro xeito”. Como dicía un amigo meu “os de Cans cando iades a escola eran uns pouco os máis parvos de todos e agora temos que ir todos a remolque vosa”.

    Por que moita xente descubriu que Cans era o nome da aldea?
    É curioso, si. Tamén temos un circuíto para que a xente poida vir todo o ano. Está o torreiro das estrelas, o can de pedra, o muro dos chimpíns… Temos que crear un roteiro para que a xente poida ver a estrela de Tosar, de Isabel Coixet ou Fernando León. Hai cousas que ver e visitar e así tamén pode ser un referente todo o ano e non soamente no festival.

    Cantas anécdotas ten co festival de cine Cannes, o de Francia?
    Teño moitas. Foi algo que comezou de broma e agora xa é un problema. Este ano o festival que abre o programa, «Psiconautas» é de Alberto Vázquez. É un rapaz que gañou dúas veces, que tivo un Goya. Tiña a intención de vir a presentar a peza e chamou porque a súa última curta foi seleccionada no outro, en Cannes. Fastidia, pero sénteste orgulloso de que unha persoa que comezou aquí poida chegar tan lonxe.

    43

    RelacionadosArtículos

    La Deputación de Pontevedra abre el plazo para ir a los campamentos de verano DepoAventura en A Lanzada
    Comarcas

    Ya hay fecha para el sorteo que esperan miles de padres de la provincia: los campamentos de A Lanzada

    21 de May, 2025
    Local

    Paso en firme para comenzar a dibujar el ‘nuevo Navia’ de Vigo: adjudicados los trabajos para el Ofimático

    20 de May, 2025
    Gastronomía

    Un chef de Vigo participa en una exclusiva ‘stage’ con grandes figuras de la gastronomía mundial

    20 de May, 2025
    Arranca en Vigo el Salón Internacional ‘Aquafuture Spain’ con más de 200 expositores de 26 países
    Marítima

    Arranca en Vigo el Salón Internacional ‘Aquafuture Spain’ con más de 200 expositores de 26 países

    20 de May, 2025
    El Concello de Vigo ultima la mudanza para reabrir la Casa da Xuventude
    Local

    El Concello de Vigo ultima la mudanza para reabrir la Casa da Xuventude

    20 de May, 2025
    La Curva de San Gregorio se viste de arte y memoria
    Arte

    La Curva de San Gregorio se viste de arte y memoria

    20 de May, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 8

    Más Vistos

    Un espectacular chalet a pie de playa en Vigo se transformará en un exclusivo complejo con 5 viviendas y piscinas

    Un espectacular chalet a pie de playa en Vigo se transformará en un exclusivo complejo con 5 viviendas y piscinas

    por Redacción
    16 de May, 2025
    0

    ‘Dientes de dragón’, la “novedosa” señal en Vigo para aportar seguridad al CEIP Emilia Pardo Bazán

    Denuncian la expulsión de un niño de Infantil de un colegio de Vigo por no contar con un profesor de apoyo

    por Europa Press
    14 de May, 2025
    0

    Salen a subasta los bienes de un empresario del transporte: uno de sus acreedores reclama 3,5 millones

    Salen a subasta los bienes de un empresario del transporte: uno de sus acreedores reclama 3,5 millones

    por Andrea Mariño
    19 de May, 2025
    0

    Espectacular llegada a la ría de Vigo de los 52 Super Series

    Espectacular llegada a la ría de Vigo de los 52 Super Series

    por Redacción
    18 de May, 2025
    0

    61

    ROMPEPAGINAS A – 3

    13

    45

    35

    MÁS VIGO

    Una imagen para el recuerdo del Paseo de Alfonso XII
    Más Vigo

    Una imagen para el recuerdo del Paseo de Alfonso XII

    El histórico mirador del Paseo de Alfonso XII, en la ciudad de Vigo, tiene unas vistas realmente privilegiadas sobre la...

    por Julio Alonso
    20 de May, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Máquinas Refrey
    Más Vigo

    Máquinas Refrey

    Hoy, el enorme y céntrico solar está atravesado por nuevas calles en las que se levantan grandes edificios de viviendas....

    por Julio Alonso
    05 de Mar, 2019

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo
    Más Vigo

    Un siglo de «La Palmera», el mítico salón de baile de Vigo

    Gastando pista o bajo la soberana palmera que presidía el local, miles de parejas viguesas se conocieron en un mítico...

    por Eduardo Rolland
    20 de Feb, 2021

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder

    1) Historia de valientes. Una novela sobre la expedición de Lewis y Clark, de Vardis Fisher. Sinopsis: «La expedición de...

    por Gabriel Romero de Ávila
    10 de May, 2025

    OPINIÓN

    Invertir en enfermeras, garantía de salud
    Opinión

    Invertir en enfermeras, garantía de salud

    Por Asunción Maus Gómez, secretaria general de SATSE en Galicia Respeto, protección, valoración e inversión.  Cuatro palabras con un significado...

    por Redacción
    12 de May, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR