O Vao, Argazada, Rodas (Illas Cíes), Figueiras (Illas Cíes), A Punta, Tombo do Gato, Fortiñón, Canido e Fontaíña lucirán de novo este 2016 a bandeira azul. Tamén o porto de Marina Dávila e o sendeiro de Ribeira e Litoral, Camiño á Beiramar. Aos premios hai que sumarlle dous novos sendeiros, os de o Monte da Guía e o de Faros (Cíes).
Galicia mantense á cabeza no número total de bandeiras azuis recibidas, con 141 distincións para praias e portos deportivos; e na segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul, cun total de 123 praias galegas con galardón, despois de Valencia con 125 distincións, ainda que perde oito praias respecto ao ano 2015.
A comunidade galega acapara case o 15% das 586 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac) aos areais, e vai seguida no ranking nacional pola Comunidade Catalana (98 bandeiras).
Nesta nova edición, o Concello de Sanxenxo volve repetir posición como o concello galego con máis bandeiras azuis, con 11 praias distinguidas e que neste ano recupera o distintivo para a praia Paxariñas, que non obtivo en 2015. Por outro lado, celébrase o 30 aniversario das bandeiras azuis en España e dúas praias galegas (Bastiagueiro, no Concello de Oleiros, e Grande, en Miño) súmanse ao listado de areais recoñecidos con esta distinción durante as 30 edicións consecutivas.
Na provincia de Pontevedra, destacan tamén o Concello de Vigo, que mantén as 9 acadadas en 2015; e a recuperación da bandeira azul par a praia da Laceira, no Concello de Baiona e do Con, no municipio de Moaña.
Na provincia da Coruña é o municipio de Arteixo o que máis recoñecementos deste tipo obtén este ano, con sete; seguido de Boiro, con seis areais distinguidos. Oleiros, pola súa banda, volve a sumar á lista de areais galardoados a praia de Naval, ao recuperar a bandeira azul que non obtivo en 2015.
Polo que respecta á provincia de Lugo son Barreiros e Foz os concellos máis recoñecidos, con seis galardóns cada un, mantendo o número de bandeiras recibidas en 2015. Non obstante, ambos concellos suman unha incorporación Arealonga e A Pampillosa, respectivamente; mentres que o areal de Altar (Barreiros) e Os Xuncos (Foz) perden a bandeira azul, que si conseguiron en 2015.
Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas.
Portos deportivos, centros e sendeiros azuis
En relación aos portos deportivos, en 2015 Galicia obtén 18 galardóns, dos que oito son das provincia de Pontevedra, outros oito da Coruña e dúas de Lugo.
É de destacar que Galicia tamén recibe a distinción para 12 centros azuis, dun total de 64 en toda España. O requisito para converterse en centro azul para un concello con bandeira azul ás súas praias ou portos, é a existencia dun centro de visitantes, aula do mar ou de natureza que ofreza educación ambiental sobre os ecosistemas litorais e o desenvolvemento sostible, así como información específica e/ou actividades relacionadas co programa Bandeira Azul. O municipio que queira optar a esta distinción debe presentar un dossier xustificativo da súa proposta, así como, ao ano seguinte, a memoria anual da actividade, xunto coa súa candidatura, que xustifique o mantemento da súa condición como centro azul en anos sucesivos.
Relación completa de bandeiras azuis en Galicia (as novas subliñadas):
CONCELLO |
PRAIA |
A Guarda |
O Muíño |
Area Grande |
|
Baiona |
Os Frades |
A Barbeira |
|
Ladeira |
|
Redondela |
Cesantes (dereita) |
Nigrán |
Praia América |
Patos |
|
Vigo |
O Vao |
Argazada |
|
Rodas (Illas Cíes) |
|
Figueiras (Illas Cíes) |
|
A Punta |
|
Tombo do Gato |
|
Fortiñón |
|
Canido |
|
Fontaíña |
|
Moaña |
O Con |
Cangas do Morrazo |
Areabrava |
Nerga |
|
Menduiña |
|
Melide |
|
Areamilla |
|
Liméns |
|
Rodeira |
|
Bueu |
Area de Bon |
Portomaior |
|
Lagos |
|
Lapamán |
|
Marín |
Aguete |
Mogor |
|
Portocelo |
|
O Santo |
|
Poio |
Xiorto |
Cabeceira |
|
Sanxenxo *Galardoada conxuntamente co Concello do Grove |
A Lanzada- O Espiñeiro* |
Canelas |
|
Montalvo |
|
Silgar |
|
Bascuas |
|
Major |
|
Foxos |
|
Areas Gordas |
|
A Lapa |
|
Pragueira |
|
Baltar |
|
Paxariñas |
|
O Grove |
Rareiros (Paxareiro) |
Area da Cruz |
|
Area Grande |
|
Area das Pipas |
|
Area de Reboredo |
|
Illa de Arousa |
Area do Secada |
Bao (Camaxe) |
|
Vilagarcía de Arousa |
Campanario |
Preguntoiro |
|
Ponte Caldelas |
Praia fluvial A Calzada |
CONCELLO |
PRAIA |
Burela |
O Portelo |
Ril |
|
A Marosa |
|
O Vicedo |
Abrela |
Xilloi |
|
Viveiro |
Area |
Cervo |
O Torno |
Xove |
Esteiro |
Foz |
Areoura |
Peizás |
|
Pampillosa |
|
Llas |
|
A Rapadoira |
|
As Polas |
|
Barreiros |
As Pasadas |
Lóngara |
|
Acantilado- Remior |
|
Fontela-Valea |
|
Arealonga |
|
Coto |
|
Ribadeo |
Os Castros-Illas |
As Catedrais |
CONCELLO |
PRAIA |
Boiro |
Barraña |
Carragueiros |
|
Piñeirón |
|
A Retorta |
|
Saltiño-Barraña |
|
A Ladeira do Chazo |
|
Laxe |
Praia de Laxe |
Fisterra |
Langosteira- Langosteira |
A Laracha |
Caión |
A Coruña |
Riazor |
Orzán-Matadero |
|
San Amaro |
|
As Lapas |
|
Arteixo |
Barrañán |
Combouzas |
|
Valcovo |
|
A Hucha |
|
Alba-Sabón |
|
A Salsa (Retibelo) |
|
O Reiro |
|
Oleiros |
Bastiagueiro |
Mera |
|
Santa Cristina |
|
Espiñeiro |
|
Naval |
|
Miño |
A Ribeira |
Grande |
|
Perbes |
|
Ferrol |
San Xurxo |
Esmelle |
|
A Fragata-Pareixal (Covas) |
|
Doniños |
|
Valdoviño |
Meirás-O Río |
Frouxeira |
|
Baleo |
|
Pantín |
|
Villarube |
|
Ortigueira |
A Concha |
Morouzos |
|
Dumbría |
Ézaro |
Carballo |
Saíñas |
Pedra do Sal |
|
Muros |
San Francisco |
Mañón |
Bares |
Esteiro |