• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    jueves, 21 de agosto de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    Reconquista16

    Un baño de «viguismo» comprometido

    A gala de entrega dos premios Vigueses Distinguidos destaca os avances sociais da cidade e rexeita a política comunitaria ante o drama nas fronteiras de Europa
    Antonino García por Antonino García
    29 de Mar, 2016
    en Local
    0

    O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lanzou este martes un alegato contra a política da Unión Europea na crise dos refuxiados sirios. Durante o seu discurso na gala de entrega dos premios Vigueses Distiguidos, celebrado no Teatro García Barbón, o rexedor condenou as decisións tomadas ante o abandono de milleiros de persoas nas fronteiras e as súas verbas foron recibidas con aplausos.

    «E queremos berrar o noso rexeitamento ás políticas escuras e proclamar o noso aprecio aos refuxiados», afirmou Caballero antes de destacar o triunfo socialista nas eleccións municipais. «Vigo elixiu o seu camiño, «o que xa non has volver andar», porque está conquistado. E fíxoo máis ca nunca o 24 de maio, na acción da democracia», sinalou.

    O alcalde pechou o acto e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, foi a encargada da primeira intervención para dar lectura ao bando da Reconquista, aprazado este luns na Praza da Independencia pola choiva. «Galicia non poderá ter relevancia no século XXI se Vigo non xoga o papel de liderado que lle corresponde», apuntou Silva.

    Oito persoas ou institucións foron designadas este ano polo Concello para ser galardonados como Vigueses Distinguidos, incluído Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, que xa rexeitou o premio tras ser elixida en sustitución de Red Madre. Ningún representante da entidade compareceu para recoller o premio, ao igual que os concelleiros do PP, que non acudiron a gala en protesta polo veto a súa proposta.

    Os asistentes a gala aplaudiron con especial intensidade a intervención de Ángel Cameselle, presidente da xunta de persoal da área sanitaria de Vigo, cando convidou a participar o próximo 12 de maio na manifestación para «recuperar» os hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro para a sanidade pública.

    José Luis Freire, presidente de Conxemar (foto inferior), recolleu a Medalla da Cidade e destacou a Vigo como a cidade «que nunca pregunta de dónde eres y donde con esfuerzo y trabajo te conviertes en unos más».

    Freire

    Os momentos máis emotivos foron sen dúbida as intervencións de Concepción Somoza (Apamp) e Fernando Molina (Down Vigo). Os dous estiveron rodeados de algunhas das persoas que atenden nas asociacións que representaban. Pola sú banda, Belarmino Alonso (Comesaña Sporting Club) destacou o traballo da xente do seu clube e Mario Cardama (Estaleiros Cardama) desexou que «las próximas generaciones puedan cumplir cien años más al frente de la empresa». Por último, a pintora Menchu Lamas reclamou a importancia da cultura en Vigo e mantivo que «é fundamental para a creación dunha cidade moderna».

    LISTA DE PREMIADOS 

    Conxemar
    Recoñécese o papel de Conxemar como lugar de encontro do sector internacional do peixe conxelado, considerada entre as dúas máis importantes do mundo. A organización deste evento anual en Vigo, porto pesqueiro europeo de referencia, é iniciativa da Asociación española de almacenistas, Importadores, transformadores e exportadores de produtos da pesca e acuicultura, onde ten a súa sede, integrada por 222 empresas que avalan a súa capacidade de representación e defensa dos intereses do sector nos ámbitos europeo, nacional e autonómico.
    “Conceder a Medalla da Cidade, Reconquista 2016, a Conxemar, en consideración ao seu papel preponderante no desenvolvemento da cidade, por ser un instrumento de unión fundamental no sector do conxelado no noso país, pola súa relevancia e polo recoñecemento acadado no sector pesqueiro internacional”, apunta o Concello.

    Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebal (Apamp)
    Constitúese en 1977 para traballar a prol da integración das persoas con minusvalía física, nos Centros de Educación Ordinarios, na provincia de Pontevedra, por iniciativa de un grupo de familias viguesas. A misión de APAMP é contribuír ao desenvolvemento do proxecto de vida de cada persoa con parálise cerebral ou afín, prestando os apoios necesarios, tanto a eles como as súas familias, e facilitando oportunidades para que poidan tomar as súas propias decisións e participar activamente na sociedade.

    A súa prioridade é a a atención centrada nas necesidades das persoas e, especialmente, conseguila para as non atendidas. Son membros da Comisión Permanente do Consello Local de accesibilidade e participan nas políticas municipais de atención, inserción social e calidade de vida, dirixidas a este sector da poboación.

    Comesaña Sporting Club
    O club, xa centenario pois foi fundado en 1915, é o decano do atletismo galego e o terceiro máis antigo de España. Recibe o seu nome do barrio onde naceu e segue a súa sede, San Andrés de Comesaña, da que saíron os primeiros atletas e na que consegue os maiores apoios. É todo un referente no campo a través e fondo galego.

    O evento emblemático do club é o “Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través” que se ven organizando dende 1978, convertida na gran proba clásica do campo a través galego.

    Down Vigo (Asociación para el Síndrome de Down)
    Xorde en 1989, por iniciativa de familias, para responder ás necesidades das persoas con este síndrome e outras discapacidades intelectuais, e para procurar a súa integración mellorando aqueles aspectos que afectan a súa calidade de vida.

    Procuran o exercicio efectivo dos seus dereitos, deberes e liberdades fundamentais para o seu desenvolvemento integral como persoas a través da plena inclusión social e do emprego dos recursos ordinarios da comunidade, segundo se establece na Convención de Nacións Unidas sobre dereitos das persoas con discapacidade.

    Estaleiros e Varadeiros Francisco Cardama S.A.
    Fundado en 1916 por Francisco Cardama Godoy, adicouse á construción e reparación naval. Na súa orixe traballábase con madeira e a transición ao aceiro levouno a adicarse preferentemente á reparación durante case medio século. A actual sociedade, CARDAMA, xorde tras da fusión, en 2000, co estaleiro Asgalo. En 2001 construíron o remolcador Charuca Silveira, que queda na nosa historia pola súa intensa actividade durante o desastre do Prestige.

    Están consolidados coma un dos construtores de buques máis prolíficos de España coa construción dunha grande variedade de embarcacións para Europa e Africa, mantendo a transformación e reparación naval. En 2010 se incorporaron á innovación en enerxías renovables, co “Proxecto Magallanes”, que constrúe unha plataforma flotante para a xeración eficiente de enerxía mareomotriz. En 2014, CARDAMA rehabilitou o histórico arrastreiro, Bernardo Alfageme, instalado en Coia en 2015.

    Carmen Lamas Pérez (Menchu Lamas)
    Carmen Lamas Pérez, que asina toda a súa obra como Menchu Lamas, é unha figura central da pintura contemporánea española. Debutou en Vigo en 1974 nunha histórica exposición colectiva na Praza da Princesa. Tamén aquí, en 1980, formou parte do equipo fundacional de Atlántida, xunto a Antón Patiño, Anxel Huete, Guillermo Monroy e Román Pereiro.

    En 1982 realizou a súa primeira exposición individual na Galería Buades de Madrid, e nesa década participou nalgunhas das mostras colectivas máis importantes do arte español contemporáneo como “26 pintores/ 13 críticos”, “II Salón de los 16”, “Bienal Nacional de artes plásticas”, “Cinco nombres de mujer”.

    Realizou múltiples exposicións individuais en España, Alemaña, Italia e Marrocos e participou en diversas mostras colectivas en distintos países. As súas obras están presentes no Museo de Arte Contemporáneo de Madrid, el Museo Patio Herreriano de Valladolid, el Museo Reina Sofía, no Museo Quiñones de León e en diversas coleccións.

    Xunta de Persoal Área Sanitaria de Vigo
    Desde a constitución desta Xunta de Persoal en maio de 2015, que agrupa a 7.000 traballadoras e traballadoras, central o seu labor na defensa da Sanidade Pública.
    As súas prioridades son a denuncia da situación que atravesa a sanidade pública nesta súa área de influencia, pola crecente privatización do Hospital Álvaro Cunqueiro, o progresivo desmantelamento do Hospital do Meixoeiro, e coa demanda do mantemento do anexo do antigo Hospital Xeral para servizos sanitarios.

    Cáritas Diocesana de Tui-Vigo
    Cáritas Diocesana de Tui-Vigo é o organismo de Acción Caritativa e Promoción Social da Igrexa na Diocese de Tui-Vigo e a súa rede está constituída por 67 Cáritas Parroquiais e 1 Interparroquial. Os recursos de Cáritas proveñen das súas doazóns privadas e achegas públicas.

    General
    Silva Abel Freire
    aIKOgjb

    43

    RelacionadosArtículos

    Stellantis plantea un ERE voluntario en la factoría de Vigo para 90 trabajadores
    Economía

    Los incendios siguen complicando los suministros a Stellantis Vigo, que suspende otro turno

    20 de Ago, 2025
    Concentración para rechazar la puesta en libertad del conductor que arrolló mortalmente a un motorista en O Rosal
    O Rosal

    Concentración para rechazar la puesta en libertad del conductor que arrolló mortalmente a un motorista en O Rosal

    20 de Ago, 2025
    Julio Verne, Nevenka o la ocupación nazi, entre las propuestas artísticas del otoño en Vigo
    Cultura

    Julio Verne, Nevenka o la ocupación nazi, entre las propuestas artísticas del otoño en Vigo

    20 de Ago, 2025
    Preocupación en Urzaiz tras el aparatoso accidente de un coche de alta gama
    Local

    Vigo, a punto de cumplir un año sin la cifra mínima de 20 bomberos

    20 de Ago, 2025
    Denuncian «discriminación» en los conciertos de Castrelos: «¿Por qué cualquier persona puede comprar cuatro entradas y ellos solo dos?»
    Local

    Plantean sacar «mayor provecho» al auditorio de Castrelos con cine al aire libre

    20 de Ago, 2025
    El tráfico de mercancías del Puerto de Vigo registra un nuevo récord histórico
    Marítima

    Dos proyectos del Puerto de Vigo compiten por ser los más sostenibles del planeta

    20 de Ago, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Grada alternativa (y gratuita) desde el exterior de Balaídos para ver el Celta: «La gente venía a reservar»

    Grada alternativa (y gratuita) desde el exterior de Balaídos para ver el Celta: «La gente venía a reservar»

    por Redacción
    18 de Ago, 2025
    0

    Tres detenidos en Vigo por escupir, agredir y arrojar monedas contra una persona que dormía en la calle

    Preocupación ante el aumento de tráfico en la peatonal de O Calvario

    por Redacción
    18 de Ago, 2025
    0

    La magnitud de los incendios se agrava en una jornada de retorno: sin tren y con peligro en las carreteras

    La magnitud de los incendios se agrava en una jornada de retorno: sin tren y con peligro en las carreteras

    por Redacción
    17 de Ago, 2025
    0

    Incendios en Ourense: sin línea férrea y con cortes en la A52

    Incendios en Ourense: sin línea férrea y con cortes en la A52

    por Redacción
    16 de Ago, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Nuevos ventanales en Peinador
    Más Vigo

    Nuevos ventanales en Peinador

    Hasta hace poco tiempo, en el aeropuerto de Peinador, en la ciudad de Vigo, no existía la posibilidad de observar...

    por Julio Alonso
    20 de Ago, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro
    Libros

    Un mar de poesía tomará el Casco Vello: Enric deSombra presenta su primer libro

    La poesía con aroma a mar tiene una cita ineludible en el Casco Vello de Vigo. El próximo 7 de...

    por Redacción
    04 de Ago, 2025

    OPINIÓN

    O Marisquiño entra en fase decisiva: así va el Dirt Jump y el Descenso MTB del Casco Vello
    Opinión

    La kultura del patinete

    La Fundación Contemporánea (con su Observatorio de la Cultura) presentó hace unos meses su informe 2024, que comprende una serie...

    por Fernando Torres Carbajo
    19 de Ago, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR