O grupo municipal da Marea considera necesario o acordo do transporte interurbano e como integrar os traxectos que afecten dentro do mesmo ao transporte urbano de Vigo e mesmo defende artellar dende xa os traballos para que o novo prego concesional ao rematar a concesión en 2019 teña xa partes específicas do transporte metropolitano.
Marea de Vigo aportará a súa proposta ao plan de transporte que deseñe a futura área metropolitana, que pasaría por un modelo análogo ao da área metropolitana de Barcelona, onde existiría un Consorcio público participado ao 51% pola Xunta de Galicia, o 25% polo Concello de Vigo e un 24% polo resto dos concellos da área metropolitana. Para a Marea así se solventarían os problemas de financiación do servicio xa que a maior parte da financiación sería autonómica de acordo con esa participación maioritaria no consorcio.