«Non existe hoxe alternativa na xestión dos recursos públicos que a mancomunada entre varios concellos xa que os marcos de déficit públicos que sostén o goberno obrigarán a reorganizar o mapa municipal», afirma.
Marea de Vigo considera esencial abrir un debate cidadá sobre as oportunidades e potencialidades da planificación urbanística e dos servizos que oferta unha área metropolitana en Vigo, «sen obviar que a Lei aprobada polo PP parte de erros de vulto como a definición real dos recursos económicos e orzamentarios para levaba a cabo e das formas xurídicas existentes para descentralizar de deputación e concellos afectados cara á entidade metropolitana».
Rubén Pérez suliñou que os consensos dos anos 90 foron posibles porque existían foros de debate e encontro, un movemento veciñal reivindicativo e dirixentes políticos que «sobre todo se deixaba falar a urbanistas, economistas e técnicos antes de establecer apriorismos».
Para a Marea, Vigo afronta «uns anos decisivos para o seu futuro, a interdependencia co entorno metropolitano, as profundas mutacións que a crise capitalista pode facer no tecido industrial da cidade, pode significar que desaparezan moitos empregos e recursos económicos que obrigan ós poderes públicos organicen ós servizos públicos para o seu abaratamento e sustentabilidade social. Traballar noutro rumbo é unha profunda deslealdade coa cidadanía».