Desde esta noite e ata o domingo o edificio consistoriorial iluminarase de violeta. O obxectivo de conmemorar o 25-N este sábado é que o seu poida sumar o maior número de persoas aos actos previstos. Así, ás 16.30 horas dará comezo desde a Escola de Surf de Praia América a ‘I Andaina contra a Violencia de Xénero’, de aproximadamente 6 km e que discorre polo río Muíños, para finalizar ás 18.00 horas no Auditorio de Nigrán, onde a concelleira de Igualdade, Ana Pérez, lerá un manifesto e posteriormente a cantautora e guitarrista Su Garrido Pombo interpretará varias cancións.
O Concello anima a mulleres e homes a manifestarse en contra desta lacra e a que acudan á andaina con vestimenta de negro ou de violeta. Ao finalizar a ruta lerase o manifesto no Auditorio Municipal (18,00 horas), farase unha pequena homenaxe en recordo das falecidas, e, finalmente, a artista viguesa Su Garrido interpretará varias pezas á guitarra e voz. Susana Garrido Pombo é unha cantante, guitarrista e compositora galega cuxo estilo músical abarca diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latin.
Minuto de silencio
Doutra banda, ao comezo do Pleno de este martes a Corporación ao completo gardou un minuto de silencio en homenaxe ás vítimas da violencia machista, como acto previo ao 25-N, Día Mundial da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que en Nigrán celebrarase o sábado con diferentes actos.