• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 4 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia

    O Concello trocará a lápida do mestre republicano Vázquez Grela

    A iniciativa deste sábado no cemiterio de San Fiz (Ceán) incluirá unha firma pública de derradeiras vontades aberta a quen queira deixar testemuña de que a súa morte a liturxia sexa en galego
    Redacción por Redacción
    23 de Oct, 2015
    en Nigrán
    0

    Ademais, antes descubrirase unha placa na entrada ao camposanto co lema “En memoria de todas as persoas que aquí xacen, porque grazas a ellas Galicia segue a ter cultura e lingua de seu” e posteriormente se realizará un acto de firma de derradeiras vontades para que todo aquel que o desexe exprese por escrito a decisión de que unha vez falecido a súa liturxia sexa en galego (na propia capela do camposanto).

    O alcalde de Nigrán, Juan González, se sumará á firma e anima a tódolos veciños a que tamén o fagan. Este Día de Restauración da Memoria Lingüística está promovido pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e por vez primeira na súa historia o Concello de Nigrán formará parte da mesma.

    As lápidas dos camposantos galegos demostran a renuncia dos galegos polo seu idioma: prefiren lembrar aos seus defuntos nunha lingua que non falan no ámbito familiar. “Este é un paso máis deste goberno en apoio da lingua galega e de recuperación da memoria histórica ao mesmo tempo. Queremos con este acto contribuír a que cambie esa mentalidade que evita o galego nos camposantos”, sinala Juan González, alcalde de Nigrán

    Os datos son elocuentes: só unha de cada mil lápidas está escrita en galego; e unicamente un 2% das necrolóxicas publicadas nos xornais está redactada no noso idioma.

    IMG 9329

    Por outra banda, o rexedor amósase especialmente orgulloso de homenaxear e recordar a figura de Grela, mestre nacional de Nigrán ao que adica moitas páxinas do seu libro «Nigrán. Memoria dunha guerra 1936-1939».

    “Era unha persoa comprometida socialmente, quixo levar o ensino a tódolos recunchos do municipio e lograr a alfabetización universal como primeiro paso para lograr unha sociedade máis xusta; dende o goberno de Nigrán quixemos aproveitar este acto de restauración da memoria lingüística para recuperar tamén a memoria histórica”, defende González, quen aposta por realizar o ano que ven, 80 anos despois do inicio da Guerra Civil, máis actos nesta liña.

    Precisamente, Grela ten un parque dende 2011 co seu nome ubicado ao lado de onde era a escola no barrio da Dehesa. O parque bautizouse no mandato de Efrén Juanes a iniciativa do agora alcalde, que por aquel entón era edil de Cultura.

    Nesta imaxe, Grela coa súa familia. É o primeiro home pola esquerda da fila de abaixo.

    GrelayFamilia primer hombre por la izquierda fila de abajo

    José Vázquez Grela (1897-1936)

    Natural de Ames (Padrón) coñeceu a súa muller Josefa Iglesias en Bos Aires, a onde emigrou con 12 anos. O matrimonio, que tivo seis fillos, pasou uns anos en Cuba antes de voltar a Galicia. Foi xa na terra onde sacou as oposicións de mestre nacional e, tras diversos destinos, en 1932 tomou posesión en Nigrán.

    Dende a súa chegada ao municipio gañouse a admiración e respecto dos veciños. Grela asumiu dende o inicio a presidencia do Consello Local de Primeiro Ensino, institución creada coa chegada da República. Era o prototipo de mestre da República, comprometido cos principios da nova ensinanza e politicamente moi activo, ao punto de que foi un dos organizadores do mitin de xuño de 1936 nas Angustias (Nigrán) a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia, ao que asistiría Castelao.

    Coa nova situación política, Grela pensou que a única opción que tiña para sobrevivir era achegarse ao novo réxime e a igrexa, con esta idea chegou a escribir varias veces a nova comisión xestora do Concello dando mostras do seu suposto novo ideario falanxista. Sen embargo, nada diso lle serviu, o 12 de setembro, ao redor das 12.30 horas da mañá, foron a buscar a Grela a escola interrumpindo a clase, a que asistía o seu fillo pequeno.

    Todos intuíron o que ía pasar, o propio mestre pediu que o deixaran despedirse da súa esposa e non o deixaron. Metérono no coche patrulla dirección a As Angustias e fixéronlle baixar preto do cemiterio, onde lle deron cinco tiros polas costas e o deixaron morto coa bata ensanguentada. Grela contaba entón con 50 anos.

    43

    RelacionadosArtículos

    Caballero: «Si hoy hubiera elecciones subiríamos dos concejales y ganaríamos la Diputación»
    Local

    Caballero: «Si hoy hubiera elecciones subiríamos dos concejales y ganaríamos la Diputación»

    04 de Nov, 2025
    El PP presenta 39 enmiendas al presupuesto municipal para que sea «realista» en vez de «publicitario»
    Local

    El PP presenta 39 enmiendas al presupuesto municipal para que sea «realista» en vez de «publicitario»

    04 de Nov, 2025
    Hallan entre las zarzas a un vecino de O Porriño que faltaba de su casa desde ayer
    O Porriño

    Hallan entre las zarzas a un vecino de O Porriño que faltaba de su casa desde ayer

    04 de Nov, 2025
    Caballero celebra el visto bueno al PXOM: «Un plan magnífico que no admite la especulación»
    Local

    Vigo cierra sus parques a causa de la alerta amarilla

    04 de Nov, 2025
    El taller CustomFit de Stellantis Vigo ha ‘personalizado’ más de 127.000 vehículos en 2025
    Local

    El taller CustomFit de Stellantis Vigo ha ‘personalizado’ más de 127.000 vehículos en 2025

    04 de Nov, 2025
    La Sala Rebullón vibrará con la llegada de Lord Bishop Rocks
    Música

    La Sala Rebullón vibrará con la llegada de Lord Bishop Rocks

    04 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La Xunta envía a Vigo (en menos de una semana) el visto bueno sobre el Olivo: «No hay disculpa para avanzar»

    por Redacción
    28 de Oct, 2025
    0

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    El Concello de Vigo invierte 3,5 millones para la ‘humanización de altísimo estándar’ en estas dos calles de Vigo

    por Redacción
    31 de Oct, 2025
    0

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    Abandono inadmisible en Gran Vía

    por Julio Alonso
    30 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Cementerios de Vigo
    Más Vigo

    Cementerios de Vigo

    En la ciudad de Vigo y sus alrededores existen varios cementerios que dan servicio a la población de la ciudad...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo
    Libros

    Karin Monteiro-Zwahlen presenta su poesía bilingüe en Évame Oroza, un diálogo íntimo sobre el desarraigo

    El espacio cultural Évame Oroza se convertirá este miércoles en el epicentro de la poesía y la reflexión sobre la...

    por Redacción
    04 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La Panificadora continúa desmoronándose
    Opinión

    La Panificadora continúa desmoronándose

    El brillante y colorido esplendor de La Panificadora se está desvaneciendo para convertirse en una imagen gris, llena de tristeza...

    por Julio Alonso
    03 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR