• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 6 de octubre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    entrevista

    Serafín Otero: «Con 20.000 vivendas baleiras ninguén pode estar sen teito»

    "Reducir o "Alfageme" a un ornamento demostra o nulo respecto que nos últimos anos se tivo co noso patrimonio", sinala o candidato nacionalista, que lamenta que, precisamente, esa foi a única preocupación do goberno socialista: "reducir a cidade ao ornamento"
    Redacción por Redacción
    21 de May, 2015
    en Municipales 2015
    0
    Serafín Otero: «Con 20.000 vivendas baleiras ninguén pode estar sen teito»

    Cal sería a prioridade absoluta do seu mandato á fronte do Concello de Vigo?

    Devolverlle o Concello á veciñanza. Iso pasa por colocar os problemas reais da xente como primeira prioridade, apostando por máis política social, máis emprego e máis servizos públicos. Pero tamén exixe máis participación, para que a veciñanza opine pero sobre todo para que decida directamente.

    Como xerará máis emprego desde o goberno local?

    O emprego é un dos principais aspectos da nosa proposta de cambio para Vigo. Inda non sendo unha competencia municipal o Concello pode e debe facer moito para promover a reactivación produtiva e a creación de emprego. Nós desde logo nin queremos nin podemos ollar para outro lado diante do drama do desemprego e do empobrecemento que atinxe a moitos milleiros de viguesas e vigueses. A nosa proposta é ampliarmos decididamente o Plan Municipal de Emprego, que existe grazas ao BNG, con máis orzamento pero tamén cunha nova orientación, que prolongue no tempo os postos de traballo que se creen. É urxente a implantación dun plan de choque contra o desemprego xuvenil e feminino na cidade. Crearemos unha sementeira de empresas e unha lanzadeira de proxectos de autoemprego, que dotaremos dun espazo de traballo compartido (coworking) e unha liña municipal de microcréditos para axudar a financiar a posta en marcha deses proxectos. En colaboración coa universidade crearemos un programa municipal de bolsas destinadas a facilitar o retorno dos centos e centos de mozas e mozos que se viron obrigadas a emigrar por falta de oportunidades. Pero o emprego exixe sobre todo actividade económica. Diante do devalar produtivo o BNG poremos en marcha un Plano urxente de reindustrialización sustentábel. Vigo ou é industrial ou non será. Apostaremos por reforzar os nosos principais sectores produtivos pero tamén pola diversificación. Para iso crearemos un Centro metropolitano de promoción da tecnolóxica, a comunicación e o I+D+I, certas de que o futuro pasa tamén por eses eixos.

    Manterá o barco na rotonda de Coia? E a seguridade policial?

    É evidente que unha rotonda nun cruce non é o lugar para unha peza tan valiosa do noso patrimonio como é o «Bernardo Alfageme». A nosa postura é coñecida desde hai moito tempo. Defendimos a súa conservación e recuperación como testemuño vivo da nosa cultura mariñeira, da nosa pesca. Un barco como o «Alfageme» onde debera estar é no Museo do Mar, para ser visitado e coñecido. Reducir o «Alfageme» a un ornamento demostra o nulo respecto que nos últimos anos se tivo co noso patrimonio. Agora ben, unha vez instalado por decisión unilateral de Abel Caballero, en contra da decisión da maioría do pleno e da veciñanza do barrio, haberá que estudar se o feito é reversíbel, se é posíbel trasladalo sen o poñer en risco. E tamén loxicamente valorar o custo dese traslado e o momento máis axeitado. Sobre a vixianza policial, dá boa conta do nivel de autoritarismo co que o PSOE xestionou esta cuestión. Non ten sentido a súa presenza alí, e se depende de nós a partir do 25 deixarán de estar.

    Está a favor de dar axudas ás compañías aéreas?

    É un modelo fracasado que ademais hipoteca o desenvolvemento dos aeroportos á procura de beneficios das compañías privadas low cost. Mentres hai axudas e resulta rendíbel mantéñense os voos. Unha vez acaban as subvencións desaparecen. Un aeroporto debe contar cunha oferta estábel de destinos. O BNG apostamos decididamente por Peinador, pero estamos convencidos e convencidas de que o futuro de Peinador pasa pola súa articulación nun sistema aeroportuario galego. Na confrontación entre Peinador, Lavacolla e Alvedro o único que gaña é o Sá Carneiro. Fronte a demagoxia partidista coa que algúns grupos enfocan este asunto, nós defendemos que é hora de medidas concretas e dunha aposta estratéxica. Por iso demandamos a actualización e aplicación do Plan Director do aeroporto, a mellora da súa oferta de servizos e da súa conexión coa cidade e a área metropolitana, e tamén por investir en campañas de promoción. Mais iso será insuficiente se non logramos unha coordinación a nivel das tres terminais galegas que desenvolva as capacidades específicas de cada aeroporto, en chave de complementariedade. Algo que nin PP nin PSOE queren facer, para maior alegría dos nosos veciños de Porto.

    En Vigo todavía queda moito por facer en …

    En practicamente todo. Os últimos catro anos foron catro anos perdidos. O goberno do PSOE reduciu a cidade ao ornamento, á estética. Esqueceuse das persoas que habitamos esta cidade fermosa, dos problemas reais da xente. O balanzo é terríbel. Cero política social, cero política de igualdade, cero política de mocidade, cero política deportiva, cero política ambiental. Por iso defendemos a necesidade dun cambio de rumbo para Vigo. Ter perdido catro anos non nos obriga a perder outros catro máis.

    Qué lle diría aos que se opoñen á reforma de Balaídos por considerala un gasto excesivo en medio dunha crise económica?

    A reforma do estadio municipal de Balaídos é necesaria. Sabemos desde hai anos das pésimas condicións arquitectónicas que presenta logo de moitos anos sen actuacións de calado. Dito isto, o BNG defendemos desde o minuto un tres criterios fundamentais. Primeiro, que a reforma debía estar enfocada a lograr un estadio máis seguro e funcional, fronte quen teima en macroproxectos e grandes maquetas. Segundo, que o proxecto tiña que ser transparente. A veciñanza ten dereito a saber que se vai facer, canto vai custar e quen o vai pagar. Ademais de precisar do financiamento doutras administracións nós defendemos que o Celta debía implicarse tamén. E terceiro, que a reforma non se quedase no estadio. Había que actuar na contorna, reformando tamén un estadio de atletismo que está nunhas condicións lamentábeis e aproveitando esta actuación para humanizar a contorna do estadio. O barrio de Balaídos meréceo.

    Becas de inglés, si ou non?

    Neste contexto de emerxencia social saber priorizar é máis importante que nunca. Nós cremos máis importante invertir en crear 800 novas prazas de escolas infantís nos próximos catro anos. O curso pasado dúas de cada tres crianzas que solicitaron praza nas escolas infantís quedaron sen ela. Ademais, se hai un idioma que precisa de axuda na súa promoción é potenciación en Vigo é o galego.

    Cal é a forma de combater a pobreza desde o Concello?

    Ter vontade política de o facer. Con vontade política non teríamos sufrido o colapso dos servizos sociais municipais, ou non veríamos como ao tempo que hai xente que precisando axudas queda sen elas mentres as partidas orzamentarias non se executan na súa totalidade. O BNG aumentaremos os recursos pero sobre todo poremos todos os medios e o empeño en que se destinen de maneira efectiva a combater a pobreza, pero tamén o empobrecemento. Hai moita xente angustiada nesa fina liña do risco de exclusión. Hai que axudala antes de que a traspasen. Humanizar a cidade de verdade esixe evitar que ningunha persoa teña que malvivir nas súas rúas, nin que teña que rebuscar no lixo para se alimentar. Pero ademais destas medidas de axuda urxente a quen non pode esperar, porque comemos todos os días e precisamos de luz eléctrica e de auga nas nosas casas, hai que facilitar tamén o acceso social á vivenda. Por iso crearemos un parque municipal de vivenda en alugueiro a prezo social en lugar de vender os pisos dos que era propietario o Concello como fixo o promotor Caballero. Implementaremos tamén medidas para combater os desafiuzamentos. Con 20.000 vivendas baleiras en Vigo ninguén pode estar sen teito.

    Está de acordo coa entrega de cheques sociais?

    Existen grazas a unha proposta do BNG e a que foi unha das nosas condicións para apoiar os orzamentos municipais. Criamos que nunha cidade con máis de 50.000 persoas en risco de exclusión social, con centos de persoas vivindo na rúa (700 fixeron uso do albergue municipal só o pasado ano) e un desemprego brutal, o Concello tiña que despregar unha liña de axudas económicas complementaria, destinada sobre todo a quen non tiña ningunha fonte de ingresos. Neste caso volvemos ver como de importante é ter vontade política e capacidade de xestión. Caballero decidiu roubarlle á xente que precisaba axudas un cuarto de millón de euros do orzamento do chamado cheque social para o gastar en propaganda. As demoras na tramitación foron tremendas polo colapso dos servizos sociais do Concello. Este mesmo ano vemos como é agora, a mediados de maio, cando se inicia a tramitación. Volverá pasar o doutros anos e a xente non cobrará, con sorte, até finais de decembro. É lamentábel que en lugar de aumentar os recursos o goberno socialista optase por endurecer as bases para que menos persoas se puidesen acoller. Converter esta medida de xustiza social nun acto de caridade para autobombo partidista é ofensivo e demostra a nula sensibilidade social de quen gobernou a cidade até agora.

    É suficiente a oferta museística da cidade?

    Vigo ten instalacións e dotacións de primeiro nivel, como o Marco ou o Verbum. O problema é que os nosos museos foron abandonados. Reduciuse o seu orzamento. Carecen dunha programación que os dinamice. E para colmo reduciuse o seu horario de visita. Nos últimos tempos perdéronse 50.000 visitantes. A nosa proposta é poñer en valor a cultura. Tratarmos a cultura como unha cousa de comer, non como algo accesorio. Hai que desenvolver a Rede museística e o plan de musealización da cidade, ampliar horarios e apostar por máis contidos nestes impresionantes continentes e por os aproximar á xente. Mais cremos que é tamén fundamental a posta en marcha dunha rede cultural nos barrios, desenvolver a rede municipal de bibliotecas que o BNG iniciamos hai catro anos coa Xosé Neira Vilas no Calvario e poñer fin á desertización cultural. O único que fixo o goberno municipal este mandato foi finiquitar o traballo feito polo BNG, fechando programas e reducindo a cultura a un folclorismo que rozou moitas veces o frikismo. Para Caballero a cultura é Mario Vaquerizo, para nós era levar o teatro aos barrios ou crear unha pinacoteca municipal e un centro galego de fotografía. Xunto aos servizos sociais a política cultural destes anos puxo de manifesto, de maneira moi gráfica, a diferenza entre que goberne o nacionalismo ou non goberne.

    43

    RelacionadosArtículos

    PP y BNG alertan sobre un posible caos urbanístico en Vigo por el fin de la ordenación provisional
    Local

    El desarrollo del ‘nuevo Navia’ de 2.300 viviendas en el Ofimático se plantea en 6 etapas y un plazo de 2 a 12 años

    06 de Oct, 2025
    Investigan la aparición de dos personas calcinadas en el interior de un vehículo en Campo Lameiro
    O Porriño

    Atracan a punta de pistola un banco en O Porriño

    06 de Oct, 2025
    Sanidade confirma que los ocho mosquitos tigre encontrados en Galicia no portaban enfermedades
    Tui

    El mosquito tigre llega a Tui y ya son ocho concellos del área de Vigo afectados

    06 de Oct, 2025
    El Puerto alerta de que la tasa turística pondría «en riesgo» el tráfico de cruceros en Vigo
    Local

    El Puerto alerta de que la tasa turística pondría «en riesgo» el tráfico de cruceros en Vigo

    06 de Oct, 2025
    Más de 60.000 personas ya pasaron por la nueva tienda que IKEA abrió hace un mes en Vialia Vigo
    Local

    Más de 60.000 personas ya pasaron por la nueva tienda que IKEA abrió hace un mes en Vialia Vigo

    06 de Oct, 2025
    Teatro inmersivo o videopodcast, nuevas actividades de la UVigo para su plan de ‘Ciencia de Ida e Volta’
    Local

    Teatro inmersivo o videopodcast, nuevas actividades de la UVigo para su plan de ‘Ciencia de Ida e Volta’

    06 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La nueva superficie comercial de Vigo, a exposición pública: así será el ámbito de 14.000 m2 en Navia

    por Redacción
    01 de Oct, 2025
    0

    Vigo ejecutará el derribo de varias edificaciones en Bouzas para ampliar un importante (y estrecho) atajo

    Vigo ejecutará el derribo de varias edificaciones en Bouzas para ampliar un importante (y estrecho) atajo

    por Redacción
    03 de Oct, 2025
    0

    Demolición para unas pérgolas icónicas de Vigo

    Demolición para unas pérgolas icónicas de Vigo

    por Redacción
    01 de Oct, 2025
    0

    Ni para celtistas ni para el entorno de Stellantis, el aparcamiento de Fenosa en Balaídos lo usa la UEFA

    Ni para celtistas ni para el entorno de Stellantis, el aparcamiento de Fenosa en Balaídos lo usa la UEFA

    por Redacción
    03 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La Policía al servicio de la sociedad
    Más Vigo

    La Policía al servicio de la sociedad

    El día 2 de octubre es la fecha elegida para la celebración del Día de los Santos Custodios, patronos de...

    por Julio Alonso
    06 de Oct, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    11 novelas y cómics de aventuras publicados en septiembre que no te puedes perder
    Libros

    11 novelas y cómics de aventuras publicados en septiembre que no te puedes perder

    Ha llegado el otoño, pero aún quedan días de sol para salir a la calle, pasear por el campo y...

    por Gabriel Romero de Ávila
    04 de Oct, 2025

    OPINIÓN

    Enésimo retraso en el tren Vigo-Coruña: los pasajeros, al límite de la paciencia
    Opinión

    Los vigueses y la España vacía y vaciada

    En la prensa de mediados de junio de este año nuestro máximo mandatario vigués alardeaba de la supresión de paradas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Sep, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR