• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 23 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    CRÍTICA

    Para cantar como Ses canta…

    Ses é brava, si, pero tamén é tenra, que non se poden cravar verdades coma coitelos con tanta dozura como ela o fai en "Tronzar os valos"
    Pedro Feijoo por Pedro Feijoo
    02 de Abr, 2015
    en Música
    0
    Para cantar como Ses canta…

    Sempre dixen que, se en verdade a nosa fose unha cultura verdadeiramente forte (ou, cando menos, tan forte como tanto nos gusta fachendear) non debería chamarnos tanto a atención a aparición de certos formatos aos que o canon imperante rapidamente tilda de «fenómenos estraños», alleos ao noso sistema. Ou sexa, que a aparición dun best-seller dentro da literatura galega e o avistamento dunha nave cargada de marcianos polo monte Galiñeiro virían sendo a mesma cousa. A resposta da nosa «intelligentsia» a este tipo de cuestións sempre é a mesma: nós non necesitamos deste tipo de historias porque aquí, no noso mundo máis aló do ben e do mal, xa temos os nosos propios formatos, puros e incorruptibles. Vamos, que a poesía galega vén sendo algo así coma o brazo de santa Teresa de Xesús… Pero eu non podo velo como eles. Non podo, non me colle no peito. Fronte a iso, eu prefiro aplaudir a chegada de cada unha desas novas propostas, cada nova voz que non me fala unha e outra vez do mesmo, a mesma mensaxe, o mesmo discurso de sempre, a mesma forma de sempre. Por iso gusto tanto do que está a facer Ses.

    Veu a semana pasada a presentar «Tronzar os valos», o seu novo disco, aquí, a Vigo. Estivo Ses cantando no teatro da cajadeahorros-caixanova-novagalicia-abanc… ¡no García Barbón! Lamentei moito non poder asistir, se ben eu conto coa sorte de tela visto en moitas outras ocasións, igual non tan sonadas, pero non por elo menos importantes. Non, nin moito menos. A última vez que a puiden ver foi asexando por unha raiola clandestina, cantándolle aos rapaces nun instituto da cidade. E gustoume moito o que vin: Ses fálalles aos rapaces con claridade. Trátaos de ti a ti, con respecto, pero de ti a ti. Como a xente que son, e non como se polo mero feito de seren rapaces fosen imbéciles. E faino empregando o seu mesmo código. Fálalles de hip hop, de como moitos cantantes perden a vida nada máis que polo mero feito de seren cantantes. E fálalles de Víctor Jara, e das mans de Víctor Jara. E de homes e mulleres, e do que aínda hoxe implica ser home ou ser muller… E faino, sobre todo, con normalidade. Do mesmo xeito que canta. Esa maneira de facer, valente, decidida, afouta. Dese xeito, ese preciso xeito, tan e tan necesario neste país…

    E ollo, que digo valente, pero non se trata de que Ses sexa «brava», e quede aí o conto, sen máis. Non, as cousas xa non son como antes, que todo o que se facía aquí ou era folc ou era «bravú». Non, non é iso. Ses é brava, si, pero tamén é tenra, que non se poden cravar verdades coma coitelos con tanta dozura como ela o fai en «Tronzar os valos», a canción que lle dá título ao disco. E é atroz, e fera, máis tamén é delicada como quimera. E canta coa boca ben chea e o corazón aberto en canal, maldita sexa. E é contundente como a mesmísima Credence Clearwater Revival ensaiando nas Encrobas, como un zarpazo de rocanrol en todos os fociños, coma un sorriso franco en plena mañá. E é directa, e é pura como boa mestiza, feita de country, de blues, de alalá e de tumbao. Ses é Rosalía, e é Jara, e Fuxan os ventos, e é a fodida Janis Joplin berrando en galego a peito partido.

    Todo iso é Ses, un pouco de todo de canto andamos tan necesitados neste país falto de normalidade. Un país onde os rapaces pensan que o que mola é falar en inglés (aínda que logo che pregunten como se di «hot dog» en inglés…). O mesmo país no que en cada volta tes que escoitar como un pai protesta, porque a ver para que carallo vai servirlle ao seu rapaz o galego cando estea emigrado en Alemania (e no canto de botarlle a culpa ao idioma non sería mellor, digo eu, cuestionarse por que ten que emigrar o fillo?). O mesmo onde tes que explicarlle a unha nai por que segue a ser bo para o seu rapaz ter unha lingua, unha cultura de seu. Si, necesitamos a Ses porque está tronzando os valos de moitos prexuízos tan perigosos para nós. Ses representa algo grande. Algo que se parece moito, moito, ao país que leva no peito. Obviamente.

    [iframe width=»560″ height=»315″ src=»https://www.youtube.com/embed/hu_r0qRsyx0″ frameborder=»0″ allowfullscreen ]

    43

    Tags: SésVigo

    RelacionadosArtículos

    Detenido en Vigo un vecino de Caldas tras romper la mandíbula a un motorista por una discusión de tráfico
    Sucesos

    Detenido en Vigo un vecino de Caldas tras romper la mandíbula a un motorista por una discusión de tráfico

    23 de Jul, 2025
    Vigo vive una jornada de verano con casi 30 grados
    Local

    El Concello remata el contrato y Vigo tendrá chiringuitos de playa hasta 2028: esta semana abre el de Alcabre

    23 de Jul, 2025
    César Portela retomará, 15 años después, la reforma del Fraga
    Local

    César Portela retomará, 15 años después, la reforma del Fraga

    23 de Jul, 2025
    Sanxenxo, líder en ocupación hotelera en el norte de España; Vigo, octavo destino
    Cultura

    Los museos de Vigo trasnocharán en la Noite Branca: visitas guiadas, teatro, danza, magia, música y una yincana

    22 de Jul, 2025
    Vigo inicia esta semana la novena en honor a su patrón popular
    Local

    Vigo inicia esta semana la novena en honor a su patrón popular

    22 de Jul, 2025
    Caballero, «encantado» de que Vigo tenga la primera torre de control digital: «Es la vanguardia»
    Local

    Caballero, «encantado» de que Vigo tenga la primera torre de control digital: «Es la vanguardia»

    22 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Caballero: «Dentro de muy pocas semanas tendremos en Vigo la noticia del siglo: se aprueba el PXOM»

    por Redacción
    21 de Jul, 2025
    0

    Detectadas (al menos) once viviendas «clandestinas» en la entreplanta de dos edificios de Navia

    Detectadas (al menos) once viviendas «clandestinas» en la entreplanta de dos edificios de Navia

    por Andrea Mariño
    21 de Jul, 2025
    0

    La apuesta del parque forestal más antiguo de Vigo: quiosco, aseos y asadores todo el verano

    La apuesta del parque forestal más antiguo de Vigo: quiosco, aseos y asadores todo el verano

    por Andrea Mariño
    16 de Jul, 2025
    0

    Una inmobiliaria y dos gigantes de la pesca de Vigo transformarán Beiramar en una gran zona residencial

    Una inmobiliaria y dos gigantes de la pesca de Vigo transformarán Beiramar en una gran zona residencial

    por Andrea Mariño
    18 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Un túnel secreto de Vigo que se pierde
    Más Vigo

    Un túnel secreto de Vigo que se pierde

    En una de esas casas que se observan en la fotografía existe un antiguo túnel que asciende hasta lo alto...

    por Julio Alonso
    23 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Fernando Castro Paredes recibe o Premio Galaxia de Novela
    Libros

    Fernando Castro Paredes recibe o Premio Galaxia de Novela

    O Hotel Compostela de Santiago acolleu este xoves o acto de entrega do Premio Galaxia de Novela ao escritor Fernando...

    por Redacción
    17 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Somos los más educados… ¡del mundo!
    Opinión

    Somos los más educados… ¡del mundo!

    La plataforma online británica Preply ha hecho una encuesta a mas de 1.500 personas en 19 territorios de nuestro país....

    por Fernando Torres Carbajo
    12 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR