Estes puntos foron atendidos por especialistas farmacéuticos, que facilitaron aos usuarios interesados, consellos para un correcto cumprimento dos seus tratamentos. Ademais, se lles entregou un pastillero e se lles realizou unha enquisa para avaliar o grao de coñecemento do seu tratamento farmacolóxico.
A seguinte acción terá lugar o vindeiro dia 17, na que se celebrará unha xornada de portas abertas no Salón de Actos do Hospital Xeral. Neste evento, que se iniciará ás 17.00 h, vaise proxectar un video informativo que explica as graves consecuencias para a sáude da falta de adherencia ao tratamento farmacolóxico.
O Día da Adherencia e Información de Medicamentos está organizado pola Sociedad Española de Farmacia Hospitalaria (SEFH) e participan hospitais de toda España, Segundo afirma a xefa do Servizo de Farmacia do Complexo vigués, Guadalupe Piñeiro -«A falta de adherencia é un problema cada vez máis frecuente. Un de cada cuatro pacientes olvida tomar a súa medicación, e isto conleva serios problemas derivados dun peor control da enfermidade, tanto para a sáude dos pacientes como económicos, cun maior consumo de recursos, como a realización de probas innecesarias, aumento do número de visitas médicas e da frecuentación ás urxencias, hospitalizacións e reingresos».
87 pacientes ingresados
O Servizo de Farmacia Hospitalaria ven de publicar un estudo, na revista nacional da especialidade Farmacia Hospitalaria, no que se identifica aos pacientes adultos que ingresaron de xeito non programado no CHUVI durante o ano 2012, como consecuencia de non cumprir correctamente o tratamento domiciliario crónico. En total, identificáronse 87 pacientes e 104 episodios de ingreso por esta causa.
O perfil dos pacientes que ingresaron debido a falta de adherencia foi principalmente o de pacientes cunha patoloxía crónica psiquiátrica ou cardiolóxica, varóns ( o 71 por cento), de 51 anos, con baixa co- morbilidade e con hábitos tóxicos activos. O 10,3 por cento destes episodios necesitaron hospitalización na Unidade de críticos.
Ademais, un 16,3 por cento destes pacientes reingresaron ao menos unha vez debido á falta de adherencia. Outras das conclusións deste proxecto de investigación, trala realización dunha análises de custes, é que os pacientes con menor grao de adherencia ou que non son persistentes ao tratamento ao longo do tempo teñen un maior custe medio. En conxunto, o coste total dos ingresos por falta de adherencia no ano 2012 para o CHUVI foi de case 600.000 € , debido principalmente a costes de hospitalización.
250 Pacientes diarios
O servizo de Farmacia Hospitalaria do Complexo Hospitalario Universitairo de Vigo, ademais de prestar asistencia aos pacientes ingresados, dispoñe de consultas externas para atender a pacientes ambulatorios; isto é, pacientes que necesitan unha medicación de uso exclusivamente hospitalario pero que non necesitan de ingreso.
Trátase de medicamentos que foron prescritos polos especialistas e non son de venda ao público, non se poden conseguir nas farmacias das rúas. A maior parte destes medicamentos son moi custosos e de usos prolongados, utilizados por pacientes crónicos. Se utilizan sobre todo en oncoloxía, hematoloxía, enfermidades neurolóxicas e artrites reumatoide, entre outras.
Diariamente nestas consultas aténdese a unha media de 250 pacientes que acoden a pola súa medicación.