17112018Sáb
Última edición: Sáb, 17 Nov 2018 8pm

O Casco Vello de Vigo construirá novas vivendas públicas na Ribeira do Berbés

O organismo vén de adquirir o solar do número 29, no que prevé edificar pisos duns 90 metros cadrados

08 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Ribeira do Berbés 29. / Foto: CCVV Ribeira do Berbés 29. / Foto: CCVV

O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) vén de dar o visto e prace a súa maior operación de compra neste 2018. Así o informou o presidente do ente rehabilitador, Ignacio López-Chaves, tras a celebración do Comité Executivo celebrado este xoves, no que se acordou a adquisición por un importe de 445.000 euros de Ribeira do Berbés 29.

Este solar correspondente a tres inmobles -Ribeira do Berbés 29-31 e Poboadores 40- que se atopaban xa agrupados por compras sucesivas de propietarios anteriores, conta cunha superficie de 184,88 metros cadrados, o que permitirá acometer a construción dous locais comerciais e un significativo número de vivendas de protección pública –ata sete segundo os primeiros avances do proxecto de rehabilitación-, con superficies próximas aos 90 metros cadrados.

O mal estado das edificacións orixinais forzará a súa derruba. De feito, na actualidade tan só mantense en pé, polo seu valor histórico, o típico soportal da casa mariñeira da fachada que se abre cara á praza do Berbés. Ao estar ambos os solares situados un a costas doutro e existir unha notable cota de desnivel, xérase unha importante volumetría que permitirá alcanzar unha superficie construíble de 809 metros cadrados, dos que 694 destinaranse a vivendas e 115 a actividades comerciais.

De acordo coas condicións que rexen calquera tipo de actuación no ámbito do Plan Especial de Reforma Interior do Casco Vello de Vigo, a futura intervención deberá, en consecuencia, adaptarse á tipoloxía de vivenda propia da zona, máxime tendo en conta que a fachada orientada cara ao Berbés ten a consideración de interese histórico alto e interese urbanístico moi alto, polo que se buscará a recuperación da imaxe orixinal do edificio a rehabilitar.

A recuperación da fachada marítima do barrio histórico concentra agora o maior esforzo inversor do organismo, e esta última adquisición eleva a oito as edificacións en propiedade do Consorcio xunto a Berbés 11,13 e 15, cedidos á Universidade de Vigo para a construción da súa sede; Berbés 5, en réxime de cesión á Axencia Galega de Turismo para a súa conversión en albergue de peregrinos, e Berbés 7 e 41.

Proxectos aprobados
Precisamente, respecto á Ribeira do Berbés 41 o Comité Executivo acordou iniciar o proceso de adxudicación desta propiedade, que sae a concurso por importe de 235.000 euros, e Abeleira Menéndez 16 por 210.000 euros. “Dous operacións que suman preto do millón de euros”, destacou o delegado.

A recuperación de Ribeira do Berbés 41 (con fachada tamén á rúa San Francisco) contempla a construción de dúas novas vivendas unifamiliares tipo dúplex, ambas con dous dormitorios e con superficies de 70 e 80 metros cadrados respectivamente.

En canto a Abeleira Menéndez 16 o proxecto recolle un local comercial na planta baixa e unha vivenda de 101 metros cadrados útiles con dous dormitorios, distribuída nas dúas plantas superiores. En ambos os dous casos o inicio das obras está previsto para 2019 e contarán cun prazo de execución de doce meses.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

vigo

  • Adéntrate en el futuro Centro Vialia
    Adéntrate en el futuro Centro Vialia El proyecto del Centro Vialia, cuyas obras acaban de comenzar, está llamado a marcar un antes y un después para el transporte en la ciudad y la vida de los vigueses. La futura estación intermodal aglutinará el servicio de autobús…
    Leer más...

más vigo

economía

celta

  • El sonoro ‘zasca’ del Celta a un seguidor del Deportivo en las redes sociales
    El sonoro ‘zasca’ del Celta a un seguidor del Deportivo en las redes sociales Así como hace un par de años la actividad del Celta en las redes sociales destacaba por su frialdad, de un tiempo a esta parte los responsables de gestionarlas se han ido soltando poco a poco. Eso ha permitido al…
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído