• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 10 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Ofensiva xudicial contra Sergas, 061 e a empresa de ambulancias pola morte dun paciente en Vigo

    A familia do afectado e a CIG iniciarán accións legais para depurar responsabilidades e evitar o uso de vehículos en precario
    Redacción por Redacción
    23 de Sep, 2021
    en Sucesos
    0
    Ofensiva xudicial contra Sergas, 061 e a empresa de ambulancias pola morte dun paciente en Vigo

    A familia da persoa que faleceu a semana pasada en Vigo mentres era trasladada nunha ambulancia sen asistencia sanitaria enviada polo 061 iniciará de forma conxunta coa CIG as accións legais oportunas para depurar responsabilidades e evitar que se volvan mobilizar de xeito habitual vehículos sen o material nin o persoal técnico necesario. Así o anunciou hoxe en rolda de prensa a central sindical, que xa presentou denuncias polo acontecido diante da Inspección de Traballo e da Valedora do Pobo, ademais de requirirlle á Consellaría de Sanidade que cese neste tipo de prácticas e ao 061 que faga públicos o número de servizos que realiza en precario a empresa Coexam.

    Na comparecencia diante dos medios de comunicación participaron o secretario comarcal da CIGSaúde de Vigo, Manolo Moreira, o responsábel de Transportes da Fgamt-CIG de Vigo, Carlos Lamosa, e os delegados sindicais en Atención Primaria e no 061, Pilar Rodríguez e Óscar Graña. Os responsábeis sindicais explicaron que a familia do afectado solicitoulle á CIG que iniciase as accións xudiciais oportunas, polo que os servizos xurídicos da central sindical están a estudar o xeito de facelo: se con denuncia na Fiscalía ou a través dunha demanda penal, de maneira conxunta ou por separado, “co obxectivo de depurar as responsabilidades tanto no Sergas e no 061 como na empresa á que pertence a ambulancia, Coexam”.

    Detallaron que a persoa sufriu un episodio de inconsciencia a bordo dunha ambulancia enviada polo 061, e polas características do vehículo, pola dotación material que tiña e pola falta de persoal técnico de emerxencias cualificado que supervisase o paciente na cabina asistencial non se lle puideron realizar as manobras de soporte vital que recomendan todas as sociedades científicas de carácter internacional. “O único que se fixo foi, ao igual que se facía no século pasado, cargar e
    correr até chegar ao hospital”.

    Neste senso, cualifican de “intachábel” a actuación da médica e sosteñen que descoñecía que a ambulancia que se ía mobilizar carecía de material e de persoal técnico. “O que lle aconteceu pode pasarlle a calquera, polo que a partir de agora o persoal médico ten que asegurarse de que tipo de recurso se vai mobilizar cando solicite un traslado, porque se expón a ser criminalizado pola Administración como lle está a acontecer á doutora que o atendeu, que de forma vil e reprobábel está a ser culpabilizada do suceso polo Sergas”.

    Sálvese quen poida

    En consecuencia, entenden que a partir de agora “ábrese unha nova era no servizo, xa que o 061 pasa a xestionar tres tipos de ambulancias: medicalizadas, asistenciais e de sálvese quen poida”. Fronte a isto, quixeron poñer en valor o traballo do persoal técnico durante a asistencia sanitaria, cuxo papel consideran fundamental. “Antes asistencia comezaba no hospital, pero agora comeza no lugar onde se atopa o paciente”.

    Lembraron que a lei especifica claramente que existen dous tipos de ambulancias, as asistenciais (contan con persoal técnico sanitario) e as non asistenciais. O 061 pode botar man de calquera tipo de dotación de xeito excepcional, por exemplo en caso de catástrofe ou se os servizos que se demandan superan os recursos da rede propia.

    “Pero estamos a ver todos os días como a partir do 29 de xullo entre tres e catro ambulancias da empresa Coexam prestan servizos na área sanitaria, mentres que o 061 conta con seis vehículos”. Sinalan que esta práctica vén sendo habitual en menor medida dende hai dous anos, pero na actualidade unha de cada tres ambulancias que mobiliza o 061 en Vigo xa non son da rede propia. Pero o 061 “minte deliberadamente” asegurando que se trata de algo excepcional, cando non o é. Ademais Vigo está a ser utilizado como “banco de probas” para que dentro de dous anos, cando se volva configurar o mapa de recursos do servizo de ambulancias, se utilicen xa dende o principio ambulancias deste tipo.

    “É algo que non imos permitir, polo que esta mesma semana presentamos denuncia diante da Valedora do Pobo e da Inspección de Traballo e entregamos escritos na Consellaría de Sanidade para esixirlle que se deixen de mobilizar de xeito estrutural vehículos que non fan parte da rede do 061 e no propio 061 para que informe do número de servizos que realizan esta empresa en precario”.

    Precariedade da sanidade pública

    Este feito pon de manifesto a situación de precariedade na que se atopa a sanidade pública, xa que o servizo de ambulancias é un elemento fundamental para dar resposta ás necesidades dos pacientes. “Cando se realiza un traslado asistencia, non programado, precisamos un dispositivo que teña os medios técnicos e profesionais axeitados”. Por iso fixeron fincapé en que cando un profesional sanitario solicita un traslado entende que ese traslado se fai nun dispositivo que reúne os requisitos técnicos necesarios para dar resposta ao que poida ocorrer durante o traslado e cos profesionais necesario para dar ese soporte.

    Quixeron deixar moi claro que a central de coordinación que pon en marcha o dispositivo intenta sempre mobilizar o mellor recurso, pero é responsabilidade da Administración poñer a disposición das necesidades asistenciais os dispositivos necesarios que cumpran estes criterios.

    43

    Tags: 061CIGSergas

    RelacionadosArtículos

    Los hospitales de Vigo prolongan su mejoría: la ocupación por Covid-19 vuelve a niveles de principios de diciembre
    Local

    Inspección al servicio de Dermatología de Povisa tras las denuncias por falta de médicos

    10 de Feb, 2026
    Un turismo da varias vueltas de campana en un estrepitoso accidente y el conductor sale por su propio pie
    Tui

    Un turismo da varias vueltas de campana en un estrepitoso accidente y el conductor sale por su propio pie

    06 de Feb, 2026
    Sindicatos alertan de la situación «crítica» y «totalmente insostenible» en Atención Primaria
    Salud

    Sindicatos alertan de la situación «crítica» y «totalmente insostenible» en Atención Primaria

    05 de Feb, 2026
    Así avanza la reforma del paseo de Bouzas, que estará listo a principios de mayo
    Sucesos

    Una mujer herida tras producirse un desprendimiento en el paseo de Bouzas

    03 de Feb, 2026
    Nuevas protestas en Cangas por la “precaria” situación de la Atención Primaria
    Cangas

    Susto por una fuga de gas en Cangas

    02 de Feb, 2026
    Hospital Ribera Povisa.
    Local

    El Sergas investiga si Povisa cumple con los pliegos del contrato de servicios

    29 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    Un incendio en una conocida empresa de Beade moviliza a Bomberos y Policía

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El ascensor de las sorpresas
    Más Vigo

    El ascensor de las sorpresas

    Las personas que habitualmente utilizan este ascensor ya han perdido la cuenta del número de averías desde su inauguración. Se...

    por Julio Alonso
    10 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’
    Libros

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’

    En tiempos de algoritmos que predicen hasta nuestro próximo suspiro, la Biblioteca Pública Municipal María Magdalena de Mos ha decidido...

    por Redacción
    10 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR