22092019Dom
Última edición: Sáb, 21 Sep 2019 9pm

Parque Forestal de Aguieira

Rescatan a un home que se precipitou por un barranco en Vigo

Caeu por un desnivel, a doce metros de profundidade, e perdeu momentaneamente a consciencia

15 Noviembre 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)

Un home caeu este domingo por un desnivel, a doce metros de profundidade, e perdeu momentaneamente a consciencia.

Os servizos sanitarios de urxencia que acudiron a atender ao señor necesitaron a axuda dun equipo de rescate do parque de bombeiros municipal, pois o doente estaba, ademais, nunha situación totalmente inestable e sobre unha superficie de terra movida. Todo sucedeu sobre as 11:00 horas no Parque Forestal de Aguieira, entre Coruxo e Matamá, en Vigo.

Ata alí se desprazaron os técnicos sanitarios nunha UVI Móbil, que logo se deron conta de que serían necesarios medios especializados para poder acceder ao paciente. Así, os xestores do CAE 112 Galicia pediron a colaboración dos bombeiros municipais, que provistos de cordas e unha padiola, lograron sacar ao home do barranco. Por fortuna, xa recobrara a consciencia.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

Tal día como hoy

1702

Sep


Entra en la Ría la flota de Indias

"Al mando del Almirante D. Manuel Velasco de Te...

Leer más »


navidad

navidad 2019

  • Últimas noticias

  • Más leído