18082019Dom
Última edición: Jue, 15 Ago 2019 7pm

Atopados en bo estado dous homes que sufriran un accidente en balsa no Verdugo

Precipitáronse por unha catarata e a embarcación na que viaxaban rompeuse a causa do impacto

23 Julio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Os homes sufriron un accidente coa balsa inchable no río Verdugo. Foto: arquivo Os homes sufriron un accidente coa balsa inchable no río Verdugo. Foto: arquivo

Dous homes que realizaban un percorrido a bordo dunha balsa inchable polo río Verdugo, no concello pontevedrés da Lama, foron encontrados polos servizos de emerxencia tras sufrir un accidente coa embarcación.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, pese a que ambos coñecían ben a ruta, precipitáronse por unha catarata e a lancha na que viaxaban rompeuse a causa do impacto. Impedidos de continuar o seu camiño a través da auga, tiveron que seguir a pé polo monte ata chegar á estrada, onde finalmente puideron pedir axuda a un viandante.

Finalmente, malia algunhas feridas superficiais, os afectados atopábanse en bo estado de saúde e rexeitaron asistencia médica.

Os xestores do Centro integrado de Atención ás Emerxencias tiveron constancia dos feitos a través da chamada dunha persoa particular ás 21:30 horas da noite do luns. O alertante informaba que os seus amigos saíron nunha balsa inchable e non retornaron ao punto de encontro na hora establecida.

De inmediato, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e tamén da agrupación de Protección Civil de Oitavén-Tea para participar na busca. Ademais, pasouse aviso aos Bombeiros de Ribadumia, ao 061-Urxencias Sanitarias e tamén ás AVPC de Redondela e Cercedo-Cotobade por se fose necesaria a súa colaboración.

Inicia sesión para enviar comentarios

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

Tal día como hoy

1881

Ago


Visita del Rey Alfonso XII y doña María Cristina

"Se espera para mañana la llegada de los Reyes...

Leer más »


rutas

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

el vigo de otra época

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído