22012020Mié
Última edición: Mié, 22 Ene 2020 6pm

Denuncian unha nova agresión dun paciente a un traballador no PAC de Vigo

CCOO critica unha vez máis a “falta de” seguridade que están a padecer os traballadores

26 Diciembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)

CCOO volveu denunciar este mércores a “falta de seguridade” que están a padecer os traballadores do Punto de Atención Continuada (PAC) de Vigo no desenvolvemento da súa actividade diaria. Segundo informaron, na última noite repetiuse a situación cunha nova agresión a un profesional por parte dun usuario.

O sindicato xa presentara unha denuncia na inspección de traballo tras manter distintas reunións e solicitar en distintas ocasións á xerencia da EOXI de Vigo que dote de seguridade ao centro, “sen que a xerencia adopte medida algunha para remediar esta situación”.

Para CCOO é “inadmisible” que o persoal acuda a diario aos seus postos de traballo “con medo pola falta de seguridade”, xa que “é habitual que teñan que chamar á policía para que acuda ao centro por algún altercado”.

A situación, aseguran, vese agravada pola concentración de tódalas urxencias, de xeito que o volume de usuarios que se atenden a diario é moi numeroso.

fitur 2020

Tal día como hoy

1664

Ene


El Tercio de Valladares

"El Tercio de Valladares, vigués de sangre y d...

Leer más »


peinador

sucesos

sanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído