23092019Lun
Última edición: Dom, 22 Sep 2019 10pm

PP e PSOE votan en contra dun pleno sobre o Marisquiño no Parlamento

Os ‘populares’ cren que abonda coa comparecencia de Rueda e os socialistas argumentan “falla de competencias”. En Marea e BNG esixen responsabilidades

30 Agosto 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Representantes do PSOE, En Marea e BNG, este xoves na reunión da Deputación Permanente que rexeitou o pleno extraordinario. / Foto: PSdeG Representantes do PSOE, En Marea e BNG, este xoves na reunión da Deputación Permanente que rexeitou o pleno extraordinario. / Foto: PSdeG

O PP e o PSOE bloquearon este xoves a celebración dun pleno extraordinario no Parlamento de Galicia para abordar o acontecido no paseo das Avenidas o pasado 12 de agosto durante a celebración do festival O Marisquiño, que se saldou con 467 feridos. A petición desta sesión partiu do grupo de En Marea, que denunciou “o lamentable papel” que PP e PSOE están a desempeñar en relación ao accidente.

“Máis aló da investigación xudicial é preciso establecer responsabilidades políticas que permitan tomar boa nota do suceso e poñer en marcha iniciativas lexislativas que garantan a máxima seguridade no futuro”, argumentaba En Marea.

Con todo, os ‘populares’ consideran que a sesión solicitada é innecesaria porque o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, xa ten previsto comparecer a petición propia nun pleno ordinario e porque consideran que o pleno monográfico que debe tratar este asunto ten que celebrarse en Vigo. Ao igual que o Sergas, a parlamentaria viguesa Teresa Egerique defendeu ademais “a coordinación foi áxil, eficaz e, sobre todo, resolutiva” dos efectivos de emerxencia.

Pola súa banda, os socialistas esgrimiron “a falla de competencias autonómicas” sobre o acontecido e a existencia dunha investigación xudicial en marcha. Abel Losada acusou a En Marea de pedir a convocatoria do pleno extraordinario como parte dunha “estratexia electoral”.

Mentres, o BNG criticou que os responsables políticos non “dean a cara” e propuxeron a creación dunha comisión de investigación. “O problema é que non hai un único maquinista –en alusión ao accidente de Angrois-, senón varias administracións implicadas no financiamento do evento, na cesión de espazos, autorizacións para actividades, etc. Por iso ten que ser o Parlamento o que investigue, para tomar medidas para que non volva a acontecer”, declarou a nacionalista Ana Pontón.

Inicia sesión para enviar comentarios

marítima

Tal día como hoy

1909

Sep


Fallece el escritor Juan Neira

"Fallece en Orense el escritor vigués Juan Nei...

Leer más »


navidad

movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído