22092019Dom
Última edición: Sáb, 21 Sep 2019 9pm

Levan ante a Unión Europea o derrube do Marisquiño

Compromiso por Galicia, que critica a PP e PSOE por “pasarse a bola”, achegará a Bruxelas unha pregunta sobre o peirao das Avenidas

30 Agosto 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O peirao das Avenidas, tras o suceso. O peirao das Avenidas, tras o suceso.

Cortés Alonso, secretario local de Compromiso por Galicia (CxG) en Vigo, e María Rivera, coordinadora comarcal, veñen de mobilizarse para que o afundimento do peirao de madeira das Avenidas acontecido chegue ao Parlamento Europeo, xa que a obra foi financiada a través de fondos comunitarios, polo que a formación considera que corresponde aos organismos da Unión Europea a súa fiscalización.

O partido galeguista, a través da europarlamentaria do PNV Izaskun Bilbao, presentará en Bruxelas unha pregunta onde pedirá a apertura da investigación correspondente sobre o uso dos fondos destinados a esta obra portuaria.

Desde CxG instan a que ambos partidos deixen de “pasar a bola e de facer o ridículo diante dunha opinión pública farta da irresponsabilidade destes políticos”. “O PP e o PSOE escenifican un sainete sobre un asunto que non foi a mais e por sorte non estamos falando hoxe de falecidos”, declarou Cortés Alonso.

Xa en maio deste ano, a formación galeguista levou unha petición á UE sobre a fiscalización dos fondos da estratexia ‘blue growht’ dirixida polo actual presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, e que incluía un apartado sobre a posible violación de dereitos dos traballadores e de liberdade sindical, asunto sobre o que CxG pedira publicamente a súa destitución.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

Tal día como hoy

1702

Sep


Entra en la Ría la flota de Indias

"Al mando del Almirante D. Manuel Velasco de Te...

Leer más »


navidad

navidad 2019

  • Últimas noticias

  • Más leído