14112018Mié
Última edición: Mié, 14 Nov 2018 9am

Marea de Vigo pide a destitución do presidente da Autoridade Portuaria

O grupo municipal tamén criticou este martes a “inoperancia” do Concello de Vigo, a quen acusa de non ser quen de asumir as súas responsabilidades

21 Agosto 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Equipos de emergencias tras producirse el accidente. Equipos de emergencias tras producirse el accidente.

O grupo municipal da Marea de Vigo pediu este martes á Xunta de Galicia que destitúa ao presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga, polo comunicado que o ente ofreceu este luns, no que reclamaba á organización do Marisquiño que asumira as súas responsabilidades sobre o accidente ocorrido o pasado 12 de agosto.

O voceiro da formación, Rubén Pérez, defendeu que culpar aos responsables do evento vén a sumarse “ao seu caudal de despropósitos, como sucedeu coa xestión do conflito da estiba ou o permanente enfrontamento que mantén cos traballadores e traballadoras do Porto”. “Como pode dicirse que o responsable é a empresa que solicita un espazo público para facer un acto?”, preguntouse.

Ademais, Pérez insistiu en que “non se pode esperar un minuto máis á apertura da comisión de investigación, que terá tamén que analizar a actuación levada a cabo en canto ao control de aforo do evento, co obxectivo de garantir a seguridade en futuros eventos”. “Isto ten que ser resolto agora, e non dentro de 10 anos, como semella vai acontecer ao non dar a resposta que corresponde por parte das institucións”, engadiu.

Pérez tamén acusou ao Concello de Vigo pola súa “inoperancia” con responsabilidade e por “ter unha ‘UTE’ montada co presidente da Autoridade Portuaria, levando ambos a cabo unha xestión opaca sobre o acontecido e amosando a existencia dun pacto entre ambas administracións para eludir responsabilidades”.

Para a Marea de Vigo, carece de total sentido que “da noite á mañá, poidan aparecer dúbidas sobre o plan de autoprotección ou sobre se os concertos estaban solicitados na praza da Estrela, como sempre foi, ou na localización onde se celebraron finalmente”.

Documentación
Pola súa banda, o concelleiro Xosé Lois Jácome incidía na “falta de transparencia” á hora de aportar a documentación e a necesidade de poñer ferramentas para evitar futuros accidentes semellantes ao acontecido no Marisquiño.

“A día de hoxe non se ten recibido nada da documentación solicitada e necesaria para que poidamos dilucidar politicamente quen son os responsables deste terrible accidente vivido no Marisquiño. As administracións teñen que poñerse xa a traballar e a asumir responsabilidades, co obxectivo de evitar que nun futuro volva a pasar un accidente destas características”, indicou.

A colación disto, Jácome lembraba que “esa zona non é a única que pode resultar perigosa para a cidadanía a causa da pugna constante entre administracións, como por exemplo o paseo de Bouzas, que se atopa en estado lamentable e foi obxecto de diferenzas constantes á hora de facerse cargo do seu arranxo”. “Vaise aprender algo desta experiencia no Marisquiño?”, cuestionouse o edil da Marea de Vigo.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

Tal día como hoy

1881

Nov


Proyecto de construcción del Teatro Rosalía Castro

"La junta de teatro comunica a los accionistas ...

Leer más »


intervención

celta

economía

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído