26092018Mié
Última edición: Mar, 25 Sep 2018 8pm

borrasca ana

O alumeado navideño de Vigo, principal afectado pola borrasca "Ana"

Policía e Bombeiros de Vigo atenderon 265 incidencias causadas polo temporal entre o domingo e a madrugada do luns

11 Diciembre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Decoración de Navidad derrubada polo vento no Casco Vello. / Foto: @VigoVello Decoración de Navidad derrubada polo vento no Casco Vello. / Foto: @VigoVello

O alcalde deu este luns a cifra de actuacións de ambos servizos municipais, rexistrada durante o día do onte e esta madrugada. A borrasca de vento e chuvia "Ana", con afección tamén sobre o alumeado de Nadal, supuxo principalmente a caída ou risco de caída de arborado e outros elementos sobre as calzadas.

Abel Caballero fixo este luns balance das consecuencias que o temporal "Ana" deixou na cidade durante o día de onte e a pasada madrugada, cando os servizos municipais de Policía Local e Bombeiros de Vigo atenderon 265 incidencias.

A Policía Local sumou 230 saídas pola borrasca, principalmente por caídas ou risco de caídas sobre a calzada de árbores e ramas, contedores, cableado, valado e sinalización. Os axentes tamén atenderon casos de auga en edificios ou bolsas de auga nalgúns puntos da rede viaria. Pola súa parte, os Bombeiros de Vigo computaron un total de 35 actuacións, entre as que destacan a retirada de árbores, canlóns, placas metálicas, cableado, carteis e paneis en caídos ou en risco de caída.

A climatoloxía adversa supuxo afección "significativa", aínda que con consecuencias "de diferente rango", sobre o alumeado de Nadal, máis por risco de desprendemento dos adornos que por caídas destes. Así, os servizos municipais actuaron sobre elementos decorativos, por exemplo, en Teis, en Teixugueiras, en Bouzas, en Canteiros, na rúa Placer, na Praza da Constitución, en Sanjurjo Badía, na Estrada de Camposancos, en algúns elementos en Príncipe, en Don Bosco, en Mestres Goldar, en Emilia Pardo Bazán, en Buenos Aires, na Gran Vía, en Coruxo e na peonil do Calvario.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

Tal día como hoy

1886

Sep


Inaugurada la Escuela de Artes y Oficios

"Domingo, cuatro de la tarde. Día otoñal radi...

Leer más »


vigo

comarcas

escapada

  • Últimas noticias

  • Más leído