25052018Vie
Última edición: Vie, 25 May 2018 2pm

Os bombeiros de Vigo incrementaron nun 20% as súas actuacións no último ano

Cando hai temporal realizan ata 40 intervencións diarias, accidentes de tráfico, excarceracións ou labores de limpeza

13 Septiembre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Bombeiros de Vigo nun accidente. / Foto: Arquivo Bombeiros de Vigo nun accidente. / Foto: Arquivo

As actuacións do servizo municipal de bombeiros aumentaron nun 20% no último ano, segundo datos ofrecidos este mércores polo concelleiro de Seguridade, Carlos López Font. Na súa intervención cualificou de "magnífico" o labor que realizan, poñendo en valor a súa dotación persoal e material.

O concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Carlos López Font, avanzou este mércores que as actuacións desenvolvidas polo servizo municipal de bombeiros aumentaron nun 20% no ano 2016. Este aumento -de 1.562 en 2015 a 1.873 en 2016- débese, entre outras razóns, a un incremento de actuacións coa vespa velutina. Na presentación deste balance, Font puxo en valor o "magnífico" servizo que ofrece o corpo de bombeiros, dotado cos mellores medios persoais e materiais. A tipoloxía das intervencións oscilan entre os incendios, medicións de gas en situacións de sospeita, servizos humanitarios ou actuacións contra a vespa velutina. Entre as máis destacadas, sitúase a actuación no accidente de tren de O Porriño ou o incendio de Fandicosta. Tamén son importantes as accións cando hai temporal, cando se rexistran ata 40 intervencións diarias, accidentes de tráfico, excarceracións ou labores de limpeza.

O servizo de bombeiros tamén realiza tarefas de prevención como son comprobacións e simulacros de evacuacións en edificios altos, como os que se fixeron nas Torres de García Barbón ou no Hospital Álvaro Cunqueiro. No departamento de formación, habería que subliñar a existencia de cursos sobre excarceracións, mercadorías perigosas ou condución, entre outros.

Respecto da dotación de medios, o responsable municipal referiuse ao cambio que experimentou o Parque Central que agora conta con 8 saídas, logo de dispoñer durante moitos anos dunha, o que dificultaba a operatividade do servizo. En detalle, o parque conta con 3 escaleiras automáticas de 18, 32 e 37 metros; un brazo articulado de 55 metros; 4 bombas urbanas pesadas; 2 bombas urbanas lixeiras -para acceder á zonas como o Casco Vello-; 2 nodrizas de abastecemento de 13.500 litros cada unha; 1 furgón acuático de rescate; 1 dotación de apuntalamentos e 1 dotación de apoios en intervencións.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

Tal día como hoy

1854

May


Boletín de Cólera

"El médico vigués don Hermenegildo Gallego y ...

Leer más »


explosión en tui

explosión en tui

  • La hecatombe en Tui, desde cielo y tierra
    La hecatombe en Tui, desde cielo y tierra "Devastación total", "bomba atómica", "una guerra nuclear". Estos son las descripciones que hacen los vecinos del barrio tudense de A Torre, en la parroquia de Paramos, del estado en el que quedó la zona tras la grave explosión de un…
    Leer más...

explosión en tui

explosión en tui

  • Últimas noticias

  • Más leído