O sindicato xa presentara unha denuncia na inspección de traballo tras manter distintas reunións e solicitar en distintas ocasións á xerencia da EOXI de Vigo que dote de seguridade ao centro, “sen que a xerencia adopte medida algunha para remediar esta situación”.
Para CCOO é “inadmisible” que o persoal acuda a diario aos seus postos de traballo “con medo pola falta de seguridade”, xa que “é habitual que teñan que chamar á policía para que acuda ao centro por algún altercado”.
A situación, aseguran, vese agravada pola concentración de tódalas urxencias, de xeito que o volume de usuarios que se atenden a diario é moi numeroso.