Os interesados poden acudir ao lugar ou pedir cita previa no teléfono 986 810 101. Ademais, na páxina web tamén se pode atopar un escrito que detalla a documentación precisa para tramitar reclamacións.
Por outra banda, o alcalde, Abel Caballero, informou de que pleno extraordinario previsto para o día 7 de setembro, no que se abordará o acontecido no paseo de As Avenidas, será finalmente adiantado ao mércores 5 de setembro.