19012020Dom
Última edición: Dom, 19 Ene 2020 10am

O Concello de Vigo destina 670.000 euros a formar a 165 menores de 30 anos

Os cursos versarán sobre creación e xestión de microempresas, confección de páxinas web, hostalaría ou comunicación en linguas estranxeiras, entre outros

23 Enero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)

A Xunta de Goberno Local aprobou este martes a clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- para a contratación dos servizos de formación do programa ‘Vigo polo emprego da mocidade’. O Concello impartirá cursos de creación e xestión de microempresas, páxinas web e hostalaría, entre outros.

Este programa, sufragado ao 80% con fondos europeos formará a 165 persoas menores de 30 anos, cun tope de 15 beneficiarios por curso.

A formación inclúe creación e xestión de microempresas, confección e publicación de páxinas web, cociña, restaurantes e bar, comunicación en linguas estranxeiras, sensibilización en igualdade de oportunidades e alfabetización informática.

vigo

aeropuerto

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído