• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    martes, 16 de agosto de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • O Programa para Maiores da UVigo abre o prazo de preinscrición para o próximo curso

    As persoas de 55 anos en adiante poden solicitar unha praza ata o 15 deste mes de xullo. A profesora Carmen María Abreu é a nova coordinadora destes estudos
    Redacción por Redacción
    06 de Jul, 2022
    en Vigo
    0
    O Programa para Maiores da UVigo abre o prazo de preinscrición para o próximo curso

    Unha das clases deste curso 2021-2022 coa profesora Abreu da materia A química e a sociedade de benestar. / Foto: UVigo.

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Dende este 6 de xullo as persoas de 55 anos ou máis que queiran converterse en alumando sénior da Universidade de Vigo poden solicitar unha praza no Programa para Maiores (PUM). O prazo de preinscrición para estes estudos estará aberto ata o vindeiro 15 de xullo tanto para o ciclo intensivo como para o integrado.

    Unha das principais novidades do próximo curso é o cambio na dirección do programa, unha responsabilidade que na segunda lexislatura de Manuel Reigosa exercerá a profesora Carmen María Abreu Fernández, do Departamento de Enxeñaría dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construción. A docente, que xa leva catro anos impartindo a materia A química e a sociedade de benestar, no cuarto curso do Programa para Maiores, substitúe a José Luis González Cespón á fronte do PUM e adianta que un dos principais obxectivos que se marca a curto prazo é a ampliación das prazas que se ofertan en cada un dos tres campus. A súa proposta é pasar de 30 a 50 tanto en Vigo como en Ourense e Pontevedra e “estamos traballando para intentar que poida ser unha realidade xa no vindeiro curso, pero para iso temos que conseguir tamén máis aulas” para dar acubillo a máis estudantes sénior, explica.

    O Programa para Maiores, que forma parte da oferta académica da Escola Aberta de Formación Permanente, está aberto a persoas de 55 anos en adiante que, por diferentes razóns, non puideran acceder á universidade no seu momento ou que, sendo xa titulados, queiran actualizar ou ampliar a súa formación. A través do PUM poden incorporarse á vida universitaria mediante programas de formación paralelos ás ensinanzas regradas e, mentres adquiren coñecementos, tamén se fomentan as relacións interxeracionais e se contribúe ao enriquecemento humano e cultural, proporcionando os instrumentos necesarios para garantir a formación ao longo de toda a vida e o seu desenvolvemento persoal e social.

    No seu conxunto, esta proposta formativa para maiores baséase en tres principios. Por unha banda, a adecuación dos contidos ao nivel de formación do alumnado, tratando de axustar o rigor e o valor científico dos contidos á súa capacidade de comprensión. Por outra banda, a personalización da aprendizaxe, de modo que as materias teñan en conta as situacións específicas de aprendizaxe das persoas ás que van dirixidos, tanto no referido a tempos e ritmos, como a intereses ou motivación. Finalmente, tamén se atende ao principio de integración académica e sociocultural, de xeito que a formación académica se completa con actividades de carácter sociocultural, integrando ambos os aspectos.

    O programa completo comprende seis cursos divididos en dous ciclos: o intensivo, cunha carga docente de 60 créditos ECTS repartidos en catro cursos e o integrado, que consta doutros 36 créditos que se imparten ao longo de dous anos. Para matricularse no ciclo intensivo non é preciso contar con ningún tipo de estudos previos, mentres que para o integrado requírese ter cursado previamente o intensivo ou ben contar cunha titulación universitaria.

    Ciclo intensivo

    As materias deste ciclo están encamiñadas á divulgación, análise e reflexión sobre aspectos de diferentes temas científico-culturais; a contorna natural, social, cultural e científica; a evolución e achegas da humanidade e a sociedade e a cultura actual e futura. Estes contidos teñen como obxectivo iniciar posibles orientacións temáticas con vistas á continuación de estudos no ciclo integrado e tamén se inclúen actividades complementarias que proporcionan formación práctica sobre aspectos concretos a través de obradoiros e que facilitan as relacións interpersoais, interxeracionais e interculturais.

    A docencia neste ciclo impártese en Pontevedra na Escola de Enxeñaría Forestal e na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte; en Ourense na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo e en Vigo na Facultade de Comercio, en Torrecedeira. En cada un dos tres campus ofértanse 30 prazas de novo ingreso neste ciclo e unha vez o alumnado supere a totalidade dos créditos obterá o un título propio de Titulado universitario sénior en cultura e sociedade.

    Ciclo integrado

    O alumnado que cursa o ciclo integrado goza dunha verdadeira experiencia interxeracional, xa que as materias que que poden elixir forman parte da oferta académica dos graos, polo que os estudantes sénior comparten aulas, horarios e docentes co alumnado das titulacións oficiais da UVigo. Para este colectivo resérvanse unha serie de prazas específicas nas materias adheridas ao Programa para Maiores e a formación desenvólvese en igualdade de circunstancias agás a obrigatoriedade de participar nos procesos de avaliación dos estudos oficiais de grao.

    As materias clasifícanse en catro ámbitos de coñecemento en función da titulación de orixe: humanidades, ciencias, enxeñaría ou ciencias sociais e xurídicas. Para a matrícula, o alumnado do ciclo integrado debe elixir entre todas as materias de grao que se lle oferten no campus elixido, e que se desenvolverán ao longo dos dous cuadrimestres en cada un dos campus.

    Unha vez superados 36 créditos ECTS dos que se compón o ciclo integrado, outorgaráselle un título propio de Universitario ou universitaria superior sénior.

    Unha vez adxudicadas as prazas para ambos ciclos, as persoas seleccionadas deberán formalizar a matrícula no mes de setembro. No que se refire ao ciclo intensivo, o alumando de novo ingreso deberá cumprimentar os trámites entre o 5 e o 9 de setembro, mentres que o de continuación terá que facelo entre o 12 e o 30. No ciclo integrado, o prazo de matrícula será do 1 ao 6 de setembro.

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    El agua en las Rías Baixas, a diferencia del Mediterráneo, se mantiene a 15 grados
    Medio Ambiente

    El agua en las Rías Baixas, a diferencia del Mediterráneo, se mantiene a 15 grados

    04 de Ago, 2022
    Dous docentes da UVigo, nominados aos Premios Educa entre os mellores de España
    Local

    Dous docentes da UVigo, nominados aos Premios Educa entre os mellores de España

    03 de Ago, 2022
    A UVigo pecha os seus centros, dependencias e instalacións entre o 4 e o 19 de agosto
    Local

    A UVigo pecha os seus centros, dependencias e instalacións entre o 4 e o 19 de agosto

    02 de Ago, 2022
    Música, ciencia, cultura, deporte e moita información nas xornadas de benvida ao alumnado da Uvigo
    Local

    Música, ciencia, cultura, deporte e moita información nas xornadas de benvida ao alumnado da Uvigo

    01 de Ago, 2022
    Aberto o prazo para solicitar os premios aos mellores expedientes do alumnado de mestrado da UVigo
    Local

    Aberto o prazo para solicitar os premios aos mellores expedientes do alumnado de mestrado da UVigo

    29 de Jul, 2022
    Adiada a aprobación dos cambios no Grao en Publicidade na procura de acordo sobre as linguas
    Local

    Adiada a aprobación dos cambios no Grao en Publicidade na procura de acordo sobre as linguas

    28 de Jul, 2022

    Más Vistos

    La Pepita Burger Bar abre a pie de playa

    La Pepita Burger Bar abre a pie de playa

    por Redacción
    08 de Ago, 2022
    0

    Vigo ya tiene Praza Maior

    Vigo ya tiene Praza Maior

    por Julio Alonso
    09 de Ago, 2022
    0

    La durísima confesión con la que Lola Índigo conmocionó a Vigo: «Pedid ayuda»

    La durísima confesión con la que Lola Índigo conmocionó a Vigo: «Pedid ayuda»

    por Raquel F. Novoa
    08 de Ago, 2022
    0

    Primera piedra para el HALO de Vigo, el ascensor de 12,5 millones: «Dará la vuelta al mundo»

    Primera piedra para el HALO de Vigo, el ascensor de 12,5 millones: «Dará la vuelta al mundo»

    por EFE
    09 de Ago, 2022
    0

    Vigueses en el infierno del Barbanza: «Pensábamos que lo perdíamos todo»

    por EFE
    09 de Ago, 2022
    0
    Noche sin tregua por los incendios en Barbanza y Canicouva; controlado en Arbo
    Local

    En el cámping Ría de Arousa, en Ribeira, reina la tranquilidad tras una noche de agosto que muchos recordarán como...

    Leer mas

    La durísima confesión con la que Lola Índigo conmocionó a Vigo: «Pedid ayuda»

    por Raquel F. Novoa
    08 de Ago, 2022
    0
    La durísima confesión con la que Lola Índigo conmocionó a Vigo: «Pedid ayuda»
    Música

    Lola Índigo confiesa en Castrelos un episodio íntimo de su vida dando una lección de vida a sus seguidores

    Leer mas

    Sting versus Nathy Peluso

    por Octavio Beares
    07 de Ago, 2022
    0
    Sting versus Nathy Peluso
    Música

    En el concierto de Sting en Castrelos la noche de ayer servidor asistió sin acreditación, mezclado en la abundante masa...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR