17062019Lun
Última edición: Lun, 17 Jun 2019 7pm

Xabier Pérez Igrexas: “O BNG regresa para quedar”

O candidato do Bloque mostrouse “moi contento” por volver á Corporación Municipal e quedar a mil votos de obter un segundo concelleiro

27 Mayo 2019 por
Celebración na sede viguesa do BNG. / Foto: BNG Vigo Celebración na sede viguesa do BNG. / Foto: BNG Vigo

O único partido da oposición de Vigo que pode celebrar algo este 26 de maio é o BNG. Aparte de conseguir representación no Parlamento Europeo a través de Ana Miranda, a formación nacionalista acadou o gran reto que se marcaba: volver á Corporación Municipal e iniciar “unha nova etapa”.

Xabier Pérez Igrexas venceu a aqueles que vaticinaban un novo fracaso ao non ser un candidato coñecido e logrou un concelleiro, quedando a menos de mil votos de sumar un segundo representante. O líder do BNG vigués mostrouse “moi contento” polo resultado e por ser a “única forza alternativa que sube”.

Recibido entre aplausos polos seus, Igrexas prometeu traballar para “multiplicar este apoio” e “ser un exemplo que dea voz aos vigueses”. Igualmente, agradeceu ao seu predecesor, Serafín Otero, o “traballo” feito e herdado. Por último, chamou a Caballero a “saber xestionar a mayoría”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

festival

solidaridad

sucesos

nuevo gobierno