19032019Mar
Última edición: Lun, 18 Mar 2019 9pm

O Concello de Vigo lembra a Vox que poderá instalar mesas informativas na rúa cando comence a campaña

Se esta forza política cumpre a normativa obterá a autorización correspondente, ao igual que calquera outra

09 Marzo 2019 por
Mitin de Vox./ Foto: Vox Mitin de Vox./ Foto: Vox

En relación coa solicitude de Vox, o goberno de Vigo quere aclarar, en primeiro lugar, que dita solicitude aínda está en prazo de contestación, pois conta con rexistro de entrada do 27 de febreiro e o período de resposta é de dez días.

En segundo lugar, a Xunta Electoral Central ten o seu propio criterio; non é esta unha decisión política senón dos técnicos da concellería de Seguridade do Concello de Vigo.

A Lei Orgánica 5/1985 de Réxime Electoral Xeral (LOREG) regula as actuacións dos partidos políticos desde a convocatoria de eleccións. Polo tanto, estando convocadas eleccións xerais por Real Decreto 129/2019 de 4 de marzo -publicado no BOE do 5 de marzo-, procede ter en conta o seguinte:

- O artigo 50.5 da Lei Orgánica Electoral Xeral establece que “salvo no disposto no apartado 1 deste artigo (que se refire ás campañas institucionais), ningunha persoa xurídica distinta das mencionadas no apartado anterior poderá realizar campaña electoral a partir da data de convocatoria das eleccións, sen prexuízo do establecido no artigo 20 da Constitución”. 

- O artigo 53 da LOREG establece que, “desde a convocatoria de eleccións ata o inicio legal da campaña, queda prohibida a realización de publicidade ou propaganda electoral mediante carteis, soportes comerciais..., non podendo xustificarse ditas actuacións polo exercicio das actividades ordinarias dos partidos, coalicións ou federacións recoñecidas no apartado anterior”.

A Xunta Electoral Central ten interpretado este artigo en reiteradas ocasións, sendo doutrina deste órgano a de considerar prohibida “a exhibición de fotos dos candidatos ou de carteis coa denominación, siglas ou símbolos dunha formación política”.

O Concello recorda que se esta forza política cumpre a normativa obterá a autorización correspondente, ao igual que calquera outra, "pero se ve que queren notoriedade". ?

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

A tua compañía de auga en Vigo

vigo

sanidad

gastronomía

galardones