• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 26 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    Elecciones Municipais 2019

    Feijóo: «Vigo necesita menos soberbia, máis humildade e máis xestión»

    O presidente da Xunta e do PP de Galicia presentou en Santiago aos candidatos do seu partido ás Municipais
    Redacción por Redacción
    12 de Ene, 2019
    en Municipales 2019
    0
    Feijóo: «Vigo necesita menos soberbia, máis humildade e máis xestión»

    “Con estas cabezas de cartel, non hai ningunha dúbida de que o modelo que funcionou en Galicia tamén funcionará nas sete cidades e o fracaso do Goberno de España tamén fracasará”.

    O líder dos populares subliñou que o PPdeG é «garantía de ofrecer o que os cidadáns merecen: solucións, alcaldes coñecidos e recoñecibles, con experiencia e proxectos; políticos fiables e predicibles; e administracións que dan certezas». Engadiu que “o noso partido leva dez anos demostrando en Galicia que se poden facer as cousas ben, que se pode e se debe gobernar sen ocorrencias nin sobresaltos, e que as administracións deben mirar por todos os cidadáns”.

    Feijóo asegurou que «de non ter acadado o PPdeG a maioría absoluta en 2016, hoxe Galicia tería un Goberno como o de España: un goberno que xera inestabilidade, incerteza e é irresponsable». Feijóo incidiu en que, mentres o executivo central comeza agora a presentación dos orzamentos, un anteproxecto do que non se fía ninguén en Europa e que está pensado en pagar as facturas a Podemos, a nacionalistas e a independentistas; en Galicia, as contas xa están en vigor, son fiables e só están centradas nos galegos. “Para os veciños e para as cidades é mellor ter gobernos parecidos aos de Galicia que ao de España”, indicou. 

    España e Galicia
    Tras destacar que o PPdeG é un apoio único en España, xa que Galicia é na única comunidade autónoma na que conta con maioría absoluta, Feijóo salientou que a grandeza da formación radica na súa presenza en cada un dos recunchos: “Non falamos dunha Galicia irreal que só está no obxectivo dunha ideoloxía, tratamos a Galicia que está na vida cotiá dos galegos. E non tocamos de oído, falamos de Galicia e de cada un dos concellos cos pés na terra”.

    Fronte aos que queren «inventar o que pasa en Galicia, co afán de acadar maior número de votos» fóra, Feijóo fixo fincapé en que o PPdeG propón realidade, coñecemento e a experiencia do que pasa en cada concello; fronte aos que non teñen propostas para as cidades, o PPdeG ten programas específicos para cada unha delas; e fronte os que piden o voto para proxectos nacionalistas e independentistas en Galicia, o PPdeG presenta proxecto de cidade. “É un partido de goberno: con experiencia de goberno, con propostas para gobernar e con gobernos que gobernan”, indicou.

    Apuntou que, de cara as próximas eleccións de maio, haberá partidos que queiran que os galegos escollan entre a súa cidade e Galicia ou entre Galicia e España. Fronte a isto, os populares propoñen “a nosa cidade, Galicia e España”. “Os galegos –engadiu- nunca quixemos escoller entre Galicia e España, e quen pretende que así o fagamos sempre se levou a mesma responta: non escollelos a eles, porque somos galegos e españois”. Neste senso, dixo que se fai España desde cada comunidade autónoma e “desde Galicia tamén facemos a España que somos e a España na que cremos”.

    Os candidatos das cidades
    Salientou que a formación política ten “un proxecto, un equipo e un candidato para cada concello e para cada cidade”. Neste senso, amosou a súa confianza en Elena Muñoz, xa que «Vigo merece ser xestionada con humildade e que poida aspirar a metas moito máis ambiciosas»; avogou por Beatriz Mato para que A Coruña saia da parálise e da decepción política e avance de xeito imparable; e destacou a figura de Jesús Vázquez para que Ourense siga crecendo en proxectos e para que supere o maior dos seus obstáculos: a oposición.

    Dixo que Lugo non pode permitirse catro anos máis da nada, polo que ten que poñerse en marcha con quen escoita e dialoga cos seus veciños, que é Ramón Carballo. Incidiu en que presentan a Agustín Hernández porque Santiago ten que ser o máis importante para o seu alcalde e non dedicarse a outras cousas que o distraen das prioridades e paralizan a cidade. Confía en Rafael Domínguez para que Pontevedra saia da inercia, recupere o impulso e se afaste de proxectos narcisistas e nacionalistas. E dixo que, con José Manuel Rey, Ferrol recuperará un goberno que goberna, con xestores que xestionan.

    O líder dos populares galegos tamén tivo palabras para os grupos da oposición. Así, dixo que o PSdeG “vive nos mundos de Tezanos”, que cre que Pedro Sánchez é un estadista e que pensa que van arrasar en maio; recordou que o BNG irá as eleccións pedindo o voto para Bildu e para ERC; e que nas Mareas de Podemos se suceden os capítulos dunha comedia tráxica mentres paralizan as cidades onde gobernan. E é que tal e como dixo, dan leccións de transparencia, cando son opacos; de democracia, cando se acusan entre eles de fraude; e seguirán falando en nome da maioría dos galegos cando son minoría.

    43

    RelacionadosArtículos

    Vigo esperará a los baremos del Gobierno para decidir si limita los precios de los alquileres
    Sucesos

    Un acusado de estafar a una persona con dos falsos alquileres en Vigo se enfrenta a 6 años de cárcel

    25 de Ene, 2026
    Luisa Sánchez reclama una mejora de los servicios públicos y de la seguridad en la parroquia de Cabral
    Local

    Luisa Sánchez reclama una mejora de los servicios públicos y de la seguridad en la parroquia de Cabral

    25 de Ene, 2026
    La borrasca cancela vuelos en Vigo, cierra el tráfico de ría y pone al límite los ríos
    Actualidad

    ‘ES-Alert’ a la población de 16 municipios de la provincia ante el riesgo de inundaciones

    25 de Ene, 2026
    Alerta roja generalizada por lluvias: sin clases en el interior ni actividad deportiva
    Actualidad

    Alerta roja generalizada por lluvias: sin clases en el interior ni actividad deportiva

    25 de Ene, 2026
    La dueña de una empresa se enfrenta a 3,5 años de cárcel por tener trabajadores ilegales montando stands en Conxemar
    Economía

    La dueña de una empresa se enfrenta a 3,5 años de cárcel por tener trabajadores ilegales montando stands en Conxemar

    25 de Ene, 2026
    ‘Los Domingos’ arrasa en una gala de los Feroz sin polémicas y sin ‘Romería’
    Cine

    ‘Los Domingos’ arrasa en una gala de los Feroz sin polémicas y sin ‘Romería’

    25 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    por Redacción
    21 de Ene, 2026
    0

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    por David Augusto
    22 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    El rural de Vigo se une a la tendencia de transformar locales en viviendas: Beade gana dos pisos

    El rural de Vigo se une a la tendencia de transformar locales en viviendas: Beade gana dos pisos

    por Redacción
    19 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Recordando el colegio Mezquita
    Más Vigo

    Recordando el colegio Mezquita

    Pocas personas saben que la ubicación del segundo edificio de la izquierda, el que acoge un conocido bingo en su...

    por Julio Alonso
    24 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Agency, de William Gibson: vuelve el maestro de la ciencia ficción
    Libros

    Agency, de William Gibson: vuelve el maestro de la ciencia ficción

    «Cuando te acaban de contratar, pasas a un estado liminal de existencia, recordó Verity en el andén de la estación...

    por Gabriel Romero de Ávila
    24 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR