• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Motor
    domingo, 24 de enero de 2021
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    BIOGRAFÍAS VIGUESAS

    José Policarpo Sanz

    Lois Pérez Leira por Lois Pérez Leira
    18 de Ene, 2015
    en Más Vigo
    0
    José Policarpo Sanz
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    O mozo Policarpo cando logra a maioría de idade se embarca rumbo á Habana. Alí había unha colonia moi importante de galegos. Entre os máis destacados que viviron na illa na segunda metade do século XIX foron: Ramón de la Sagra, Pedro Murias, Fernando Blanco de Lema, Isidoro Araujo y Lira, Bartolomé Xosé Crespo Borbón «Creto Gangá», Xosé López Rodríguez «Pote», Ramón Armada Teixeiro, García Barbón, Waldo Álvarez Ínsua, Curros Enríquez, Castro «Chané», Lesta Meis, Lugris Freire, Alejandro Chao, Fontenla, etc… Naquela Cuba que case era unha provincia galega viviu e comezou a súa vida empresarial o mozo Policarpo Sanz.

    O cronista oficial da Cidade de Vigo Miguel Vázquez Gil sinala no seu libro sobre a historia das rúas da cidade algúns aspectos sobre a vida de Policarpo Sanz: «Alá en Cuba traballou nunha casa comercial e aprendeu axiña. Ao pouco era caixeiro -ao morrer o anterior o deixou herdeiro do seu- e nunha viaxe a Nova York coñeceu ao señor Ceballos, quen o distinguiu coa súa amizade e que o encargou de moitos dos seus asuntos mercantís. Ao final casou cunha filla súa».

    O 27 de outubro de 1877 casou con Irene Ceballos Sánchez en Nova York, na Igrexa de San Francisco Xabier. A súa flamante esposa era herdeira dunha importante fortuna. A capacidade comercial de Policarpo e a riqueza familiar da súa esposa deron as bases para que o matrimonio lograra en pouco tempo ampliar as súas ganancias bancarias e comerciais.

    Tanto na Habana como en EEUU rodeouse de amizades liberais. Foi un amante da cultura e a arte. Policarpo Sanz formou parte dos círculos achegados ao libre pensamento. Xunto a García Barbón participou na fundación da Sociedade de Beneficencia de Naturais de Galiza o 31 de dicembro de 1871. Esta foi a primeira sociedade de emigrantes galegos de todo o mundo. A primeira comisión directiva quedou composta por Ambrosio Tomati, presidente; Juan Más, director; José García Barbón, tesoureiro; Joaquín Prieto Canal, secretario e doce conselleiros titulares e doce suplentes. Segundo o relatado polo biógrafo de García Barbón, Xerardo Dasairas, foi o propio Policarpo Sanz quen na asemblea de constitución da Asociación Benéfica Naturais de Galiza o propuxo para o cargo de tesorero. Outros dos distinguidos amigos de Policarpo Sanz que participaron daquela histórica institución benéfica foron: Francisco Loriga, Francisco Lamigueiro e Juan Álvarez Baldanedo.

    Durante varios anos viviu entre a Habana e Nova York. Alí decatouse de que tiña unha enfermidade que en pouco tempo acabaría coa súa vida e volveu a Europa para morrer. Policarpo Sanz deixou toda a súa fortuna á cidade olívica. Segundo nos relata o historiador Manuel Castro López no seu libro «Efemérides Galaicas»: «O 26 de agosto de 1890 o Concello de Vigo reúnese en sesión pública extraordinaria para dar lectura do testamento outorgado en Nova York o 1 de xuño de 1888 polo señor don Policarpo Sanz, que en dito documento fai ao seu pobo natal, o citado de Vigo, importantísimas doazóns. E a corporación municipal determina honrar a memoria do ilustre filántropo».

    Instituto Santa Irene

    No seu testamento sinalou que deixaba 346.026,16 pesos ouro. Indicaba que aos seis meses de que morrera a súa muller se mercase un terreo para construir un edificio para facer un instituto de 1º e 2ª ensino que levaría o nome de «Santa Irene» en homenaxe a súa muller. A súa esposa Irene faleceu o 10 de agosto de 1935. Cumpríndose o desexo de Policarpo, na esquina da Gran Vía fronte ao monumento da Praza América se levantou o primeiro Instituto de Vigo, o Santa Irene.

    No seu testamento dicía entre outras cousas en relación á construcción do Instituto de Primeiro e Segundo Ensino: «A educación de dito colexio será completamente gratuita para todos os nenos de familias pobres da cidade de Vigo ou as súas cercanías que pertenzan ao concello de dita cidade sen que por ningún concepto se poida esixirlles retribución algunha». Noutra parte do seu legado onde se refire ao seu proxecto de Hospital sinala: «Lego o resto do meu capital efectivo que o estimo en cen mil pesos para establecer un Hospital de Caridade nesa cidade de Vigo para enfermos de ambos os sexos, que será servido por Irmás da Caridade e que sé construirá nas aforas da cidade».

    O mecenas de Vigo donou tamén a súa colección de pintura: «Se ao falecemiento da miña consorte existira aínda a miña colección de cadros composta de noventa e cuatro orixinais e tres reproduccións de mestros antigos e modernos, como tamén todos os obxectos de arte, porcelanas, reloxos, etc, serán colocados nun dos salóns do colexio Santa Irene que será construído para o obxecto e servirá como Museo de Vigo, e a entrada a él será libre para os habitantes da cidade, forasteiros e estranxeiros, unha ou dúas veces por semana e fóra destes días a entrada ao Museo costará unha peseta».

    Con esta importante doazón Policarpo Sanz deu o empurre e a idea para a constitución do Museo Quiñones de León no parque de Castrelos. Policarpo Sanz faleceu en París no mes de novembro de 1889. Os seus restos foron trasladados a Vigo en 1891. A chegada do corpo sen vida do benefactor da cidade olívica foi acompañada por unha multitude de veciños que se achegaron para lle dar a benvida á súa terra natal. Os xornais da época salientaron con destacados artigos o perfil altruista do Indiano, que deixou toda a súa fortuna á cidade que tanto amou. O desfile fúnebre pasou pola céntrica rúa que leva o seu nombre descubríndose unha placa conmemorativa.

    Bibliografía consultada:
    Dasairas Xerardo Valsa: «D. José García Barbón e o colexio La Salle de Verín no Centenario da súa fundación» (1895-1995).
    Naranjo Borovio Consuelo: «Del Campo a la Bodega: Recuerdos de gallegos en Cuba», Ediciós do Castro, Sada 1988.
    Francisco de Pablos Holgado, María Luisa Ilarri Junquera, Colección da Arte Galega, Museo de Quiñones de León, Concello de Vigo, 1995.
    Castro López Manuel: «Efemérides Galaicas», Lugo 1890.

    Tags: BiografíaVigo

    RelacionadosArtículos

    La Policía Local de Vigo detuvo a una persona e impuso 100 denuncias por normativa covid
    Covid-19

    La Policía Local de Vigo detuvo a una persona e impuso 100 denuncias por normativa covid

    17 de Ene, 2021
    La ciudad de Vigo entra en nivel rojo de alerta y los casos de Covid-19 se disparan en Tomiño y Ponteareas
    Covid-19

    La ciudad de Vigo entra en nivel rojo de alerta y los casos de Covid-19 se disparan en Tomiño y Ponteareas

    14 de Ene, 2021
    O BNG reclama a supresión inmediata da peaxe na AP9 entre Vigo e Redondela
    Local

    O BNG reclama a supresión inmediata da peaxe na AP9 entre Vigo e Redondela

    14 de Ene, 2021
    La Xunta refuerza las líneas de autobús entre Baiona, Gondomar y Tomiño con Vigo
    Local

    La Xunta refuerza las líneas de autobús entre Baiona, Gondomar y Tomiño con Vigo

    04 de Ene, 2021
    La Policía Local de Vigo denuncia a seis negacionistas y a tres bares por incumplir la normativa «anticovid»
    Sucesos

    La Policía Local de Vigo recibió en Nochevieja 28 denuncias por ruidos en fiestas familiares

    01 de Ene, 2021
    A policía detecta en Ponteareas a unha persoa contaxiada con Covid-19 rompendo a corentena
    Covid-19

    Sanidade reabre Ponteareas, rebaja restricciones en Redondela y las mantiene en Vigo

    28 de Dic, 2020

    Más Vistos

    Galicia cerrará las actividades no esenciales  en concellos de más de 10.000 habitantes si la incidencia supera los 1.000 casos

    Galicia cerrará las actividades no esenciales en concellos de más de 10.000 habitantes si la incidencia supera los 1.000 casos

    por Redacción
    19 de Ene, 2021
    0

    Investigan al gerente de una empresa de Ponteareas por falsificar la firma de una mujer muerta hace más de dos años

    Encuentran con heridas de arma blanca el cadáver de un hombre en Mondariz

    por Redacción
    23 de Ene, 2021
    0

    Vigo pasa al nivel máximo de restricciones junto a otros 55 concellos, 10 en su área sanitaria

    Vigo pasa al nivel máximo de restricciones junto a otros 55 concellos, 10 en su área sanitaria

    por Redacción
    18 de Ene, 2021
    0

    Rescatan en un domicilio de Vigo a un águila que no podía volar al faltarle una pata

    Rescatan en un domicilio de Vigo a un águila que no podía volar al faltarle una pata

    por Redacción
    21 de Ene, 2021
    0


    Los brotes en las residencias Las Angélicas, Paz y Bien y Mi Casa siguen sumando positivos

    por Redacción
    23 de Ene, 2021
    0
    Los brotes en las residencias Las Angélicas, Paz y Bien y Mi Casa siguen sumando positivos
    Covid-19

    Los tres últimos brotes registrados en residencias del área sanitaria de Vigo no habían cerrado todavía su lista definitiva de...

    Leer mas

    Encuentran con heridas de arma blanca el cadáver de un hombre en Mondariz

    por Redacción
    23 de Ene, 2021
    0
    Investigan al gerente de una empresa de Ponteareas por falsificar la firma de una mujer muerta hace más de dos años
    Mondariz

    La Guardia Civil investiga el hallazgo del cadáver de un vecino de Mondariz del que no se tenía noticias desde...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Create New Account!

    Fill the forms bellow to register

    All fields are required. Iniciar sesión

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Do NOT follow this link or you will be banned from the site!
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar Rechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy
    Necesarias Siempre activado