19012020Dom
Última edición: Dom, 19 Ene 2020 9am

Máis que Auga presenta o primeiro vídeo colaborativo nun ximnasio en Galicia

Foi un traballo feito grazas a colaboración dos clientes que ao longo de todo o verán foron aportando as súas imaxes para facer a montaxe final

03 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
Máis que Auga. Máis que Auga.

Máis que Auga presenta nas redes sociais o primeiro vídeo colaborativo realizado nun ximnasio en Galicia. Foi un traballo feito grazas a colaboración dos clientes de Máis que Auga que ao longo de todo o verán foron aportando as súas imaxes para facer a montaxe final.

Comezou coa película MQA no mes de xuño cun post nas redes sociais da empresa na que animamos a todos os usuarios dos nosos centros a enviarnos algún dos seus momentos con nós: adestrando, falando, correndo, nadando, rindo, sufrindo... "E así foi! Recibimos un total 114 vídeos e contamos con 6.800 segundos de metraxe para configurar a nosa película final, na que participan ao redor de 100 “actores”, sinalan desde Máis que Auga.

Explican tamén que despois de ver todos os minutos gravados recibidos, a idea que transmitían todos os “directores colaboradores” era o bo ambiente que hai en Máis que Auga e en especial a magnífica relación cos técnicos, así que ese foi o sentido que intentou transmitir na montaxe final de pouco más de tres minutos e medio realizada por Xosé Teiga Studio.

"Quedaron fóra moitos minutos, moitas tomas falsas e sobre todo moitas risas... Porque iso foi o que máis aparecía nos preto de 120 minutos gravados nas instalacións: Risas, enerxía e ganas de seguir divertíndose facendo deporte. Porque como sempre dicimos, Máis que Auga é moito máis que un ximnasio e todas as persoas que entran pola porta enseguida se dan conta de que pasan a formar parte dun colectivo: Da familia Máis que Auga", conclúen.

Medios

vigo

aeropuerto

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído