• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 11 de octubre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    efemérides

    Desembarco das tropas turcas en Cangas

    #TalDíaComoHoy de 1617 ao amencer, desembarcan os turcos na praia de Cangas, vila totalmente indefensa, que apenas contaba coa afouteza dos seus habitantes para oporse a aquela fera grea de mil homes, armados de mosquetes, lanzas e alfanxes
    Redacción por Redacción
    09 de Dic, 2021
    en Más Vigo
    0
    Desembarco das tropas turcas en Cangas

    Ao amencer deste nefasto día, desembarcan os turcos na praia de Cangas, vila totalmente indefensa, que apenas contaba coa afouteza dos seus habitantes para oporse a aquela fera grea de mil homes, armados de mosquetes, lanzas e alfanxes. O desembarco produciuse despois dun intenso canoneo, que derrubou as modestas casas de pescadores que daban fronte ao mar. Os que puideron fuxir refuxiáronse nos montes próximos, pero grande parte da poboación foi vítima do rancor inimigo. Máis de cen persoas foron asasinadas e outras padeceron horribles mutilacións, en especial as mulleres. Un douscentos veciños foron feitos cativos, entre eles algúns nenos.

    Os turcos penetraron na igrexa Colexiata, estragando canto atoparon ao seu paso; queimaron as sagradas imaxes, roubaron os ornamentos, racharon o reloxo e as campás, rascaron coas súas picas as pinturas dos muros, profanaron o Sagrario e, en fin, prenderon lume aos retablos. Milagrosamente, salvouse o Santísimo Cristo, xa que, ao parecer, os veciños o levaran ao comezar a invasión. Así polo menos, reza a versión poética coetánea á que fixemos alusión hai días:

    “Entre penedos i entre touzas

    levamos a Cristo co outras cousas.

    E foron os mouros arrenegados

    aquiles penedos arrodeados-

    ¡Probes de nós!, todos berraban;

    ¡Válenos, Cristo!, apelidaban.

    Ben te vin vir polo camiño.

    O Cristo amparounos, meu queridiño”.

    A destrución da vila foi case total; máis de 150 casas, as mellores e máis abastadas, foron saqueadas e incendiadas, así como o hospital de Pobres do que roubaron os turcos todos os aparellos e roupas, queimándoo despois.

    Na desesperada defensa de Cangas perderon a vida o capitán D. Pedro Costas Franco e o alférez D. Domingo Pérez Hurtado. Pode dicirse que todo aquel que non logrou fuxir a tempo foi feito prisioneiro ou asasinado, de modo que ao final deste terrible día, Cangas era un campo fumegante, sementado de cadáveres.

    Non satisfeitos con aquela orxía de sangue, os turcos dedicáronse nos días sucesivos a percorrer a península do Morrazo, cometendo nas aldeas novos roubos, mortes e crueldades sen conto. Cando adiviñaron a chegada das milicias procedentes de Pontevedra, reembarcaron de présa e aínda realizaron un novo intento de pór o pé en terra, na praia de Samil, onde os rexeitaron as forzas do capitán D. Gregorio Vázquez Ozores.

    9 de decembro de 1617. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008)

    43

    Tags: efeméridesTal Día Como Hoy

    RelacionadosArtículos

    Diez años de Vigoé: de la revuelta del Alfageme al escándalo del Mundial
    Local

    Diez años de Vigoé: de la revuelta del Alfageme al escándalo del Mundial

    28 de Mar, 2025
    150 años de La Concordia
    Más Vigo

    150 años de La Concordia

    28 de Ene, 2023
    Litixio polos dereitos na capela maior da Colexiata
    Más Vigo

    Unha nova Colexiata para Vigo

    13 de Mar, 2022
    Fumigación con hogueras en Baiona y Vigo por una grave epidemia de fiebre
    Más Vigo

    O corrixidor de Baiona négase a acatar a Constitución

    28 de Feb, 2022
    O convento de San Francisco pasa á xunta de beneficencia de Vigo como hospicio e hospital
    Más Vigo

    O heroico freire Pedro Romero, morador do convento de Vigo

    27 de Feb, 2022
    Tui presume da súa vella Ponte Internacional
    Más Vigo

    Apróbase o emprazamento da ponte internacional de Tui

    26 de Feb, 2022

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Barrio do Cura pide desalojar ya el legendario Casa Roucos, que permanecerá en Santa Marta

    Barrio do Cura pide desalojar ya el legendario Casa Roucos, que permanecerá en Santa Marta

    por María Alonso
    08 de Oct, 2025
    0

    El comercio de Vigo se levanta contra el Concello ante la falta de «interlocución» y respuesta a sus peticiones

    El comercio de Vigo se levanta contra el Concello ante la falta de «interlocución» y respuesta a sus peticiones

    por Redacción
    09 de Oct, 2025
    0

    Un emblemático edificio de Vigo (con proyecto bloqueado), reconvertido en plató de Netflix

    Un emblemático edificio de Vigo (con proyecto bloqueado), reconvertido en plató de Netflix

    por Redacción
    07 de Oct, 2025
    0

    Una rotonda a la altura del Alcampo, que se pone a prueba hoy, dará acceso a la Avenida de Madrid

    Una rotonda a la altura del Alcampo, que se pone a prueba hoy, dará acceso a la Avenida de Madrid

    por Redacción
    09 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Amor a los pájaros
    Más Vigo

    Amor a los pájaros

    En el vigués barrio de Coia, en una parte del paseo de la Avenida de Castelao, pueden observarse numerosas casetas...

    por Julio Alonso
    11 de Oct, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    O relato gañador do Certame de Vigo Histórico queda na casa: unha veciña do Casco Vello, a premiada
    Libros

    O relato gañador do Certame de Vigo Histórico queda na casa: unha veciña do Casco Vello, a premiada

    O relato Solsticio, de Iris Darriba Quesada, é o gañador da duodécima edición do Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado...

    por Redacción
    08 de Oct, 2025

    OPINIÓN

    Cómo dejar de vivir en piloto automático: claves para salir del mismo
    Opinión

    Cómo dejar de vivir en piloto automático: claves para salir del mismo

    Todos en alguna ocasión —o muchas— nos hemos sorprendido llegando a casa, al trabajo o a cualquier otro lugar sin...

    por Cristina Lorenzo
    11 de Oct, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR