Por Marcos Castro Vilas,
As peculiaridades xeográficas e naturais da ría de Vigo para observar o sol e os solsticios pronto a converteron nun referente cultural e relixioso no mundo céltico atlántico que tamén se intentou reproducir con maior ou menor éxito na baía de Quiberon na Bretaña francesa ou no lugar de Stonehenge no Reino Unido. Vigo foi un importante centro de peregrinaxe do mundo celta que se intentou reproducir en Carnac e en Stonehenge.
Vigo, Carnac e Stonehenge están unidos como centros cerimoniais, son os tres centros cerimoniais máis importantes do mundo celta. Vigo converteuse moi cedo nun escenario natural sagrado cunha fonda significación relixiosa para os celtas, un lugar de peregrinaxe onde render culto ao sol e aos solsticios pero tamén para depositar as cinzas dos defuntos na súa última viaxe cara o Máis Alá. A día de hoxe os solsticios xogan tamén un papel destacado no sincretismo relixioso cristián no que se enmarca e constrúe a resurrección cristiá, Cristo nace no solsticio de inverno e San Xoán Bautista celébrase no solsticio de verán.
Vigo foi un importante centro de peregrinaxe na cultura celta-atlántica. A Vigo viña supostamente xente a enterrarse ou depositar as cinzas dos seus defuntos dende moi lonxe aos pés do sol e do solsticio procurando a resurrección. Vigo foi un importante espazo cultural e relixioso de peregrinaxe e enterramento do mundo céltico que se intentou reproducir en Carnac e en Stonehenge, con máis ou menos sorte. O topónimo de Coia, ao igual que Carnac, fai referencia ás pedras que se empregaban nos cemiterios e nos lugares de enterramento para sinalar aos defuntos. Coia foi un importante lugar de enterramento dos defuntos que cruzaban o océano cara o Máis Alá por Navia. O topónimo de Navia representaba a navegación cara o Máis Alá. A toponimia de Vigo reflexa moi ben esta teatralidade espacial, relixiosa ou cerimonial, empezando por Teis, Coia e Navia.
A baía de Quiberon, na Bretaña francesa, co seu extremo rochoso é a paisaxe natural que máis se aproxima á ría de Vigo, coas súas famosas illas Cíes que marcan o discorrer do sol ó longo do ano. O topónimo Quiberon significa en céltico «ceo estático», isto é solsticio, «iberon» é ceo en céltico e «qui» quere dicir estático. Era un lugar onde se rendía culto ao solsticio. Os aliñamentos próximos, como lugares sinalados de enterramento, están curiosamente orientados cara ó suroeste como a ría de Vigo e como o solsticio de inverno, símbolo de resurrección. Tamén o lugar sagrado de enterramento de Stonhenge ábrese ou está orientado sospeitosamente cara o solsticio de inverno ou cara a saída do sol no solsticio de verán. Tanto Carnac coma Stonhenge construíronse intentando imitar o simbolismo natural e litúrxico existente na ría de Vigo. Constátase un perfeccionamento ascendente e temporal na recreación da paisaxe sagrada da ría de Vigo, pasando por Carnac e culminando en Stonhenge. Tanto Vigo coma a baía de Quiberon coma Stonhenge son lugares que representan o verán, son pequenos paraísos climáticos atlánticos onde festexar a vida no solsticio de verán pero tamén a resurrección dos mortos no solsticio de inverno. A baía de Quiberon destaca polas súas bondades climáticas e por Stonehenge entra o verán en Inglaterra.














