O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo ven de informar da nova edición, revisada e aumentada, do libro “A fala de Vigo. Trazos diferenciais da variedade dialectal do Val de Fragoso”. Trátase dun interesante estudo reeditado no 2025 no que se recollen aquelas palabras específicas da zona de Vigo. O traballo estivo capitaneado por Xosé-Henrique Costas González e contou coa colaboración do propio Concello de Vigo, a Asociación Faladoiros de Vigo, e a Universidades de Vigo, ademais dun limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín. O libro é totalmente de balde e atópase nas librerías Gami (Rúa Canceleiro, 9), Versus (Rúa Venezuela, 80), e Cartabón (Rúa Urzaiz, 125). Sen dúbida, un agasallo moi acertado para difundir a cultura viguesa.






















