• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 9 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Vigo asesorará a universidades de Cambodia na posta en marcha de doutorados do eido mariño

    Unha delegación de reitores e investigadores do país asiático visita esta semana o campus
    Redacción por Redacción
    19 de Sep, 2017
    en Marítima
    0
    Vigo asesorará a universidades de Cambodia na posta en marcha de doutorados do eido mariño

    Esta colaboración enmárcase no proxecto Dockside, que coordina a Université de Nantes, e do que forman parte as universidades de Vigo e Syddansk (Dinamarca) e, por parte de Cambodia, o Ministerio de Educación, Xuventude e Deportes, a Universidade Nacional de Administración, a Real Universidade de Dereito e Economía, a Real Universidade de Agricultura e a Universidade de Battambang.

    Este iniciativa céntrase na reforma dos estudos de posgrao e doutoramento relacionados coa xestión do mar e os recursos mariños do país asiático e conta co financiado do programa Erasmus+. O proxecto comezou en outubro de 2016 e estenderase ata 2019 e, tras varias xuntanzas no país asiático, esta semana unha delegación cambodiana visita o campus de Vigo.

    Na primeira xornada na Universidade foron recibidos polo reitor, Salustiano Mato, e mantiveron varias xuntanzas con docentes e investigadores, encabezados polos catedráticos Manuel Varela, da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e Jaime Cabeza, da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.

    Ambos explican que se trata de que as universidades europeas apoien aos socios cambodianos organizando a formación e o intercambio de boas prácticas para fortalecer a capacidade de investigación e a calidade dos programas de doutoramento. “Nós podemos achegar a nosa experiencia tanto a nivel tecnolóxico como a nivel organizativo en estudos de posgrao» relacionados coa economía, a xestión, o medio ambiente e a pesca, entre eles o programa de doutoramento Do*Mar, explica Cabeza.

    A estreita relación de Cambodia co mar
    O interese do goberno cambodiano por renovar os estudos de posgrao do eido mariño é consecuencia do peso deste sector na economía pero tamén da exposición do país aos efectos do cambio climático.

    De feito, a Net Vulnerability Resilience Index declarou a Cambodja como o cuarto estado máis vulnerable ao cambio climático de entre 95 estados e estímase que para 2030 as escorrentas en toda a conca do Mekong aumentarán nun 21%.

    No referente á compoñente económica, o comercio marítimo e as infraestruturas portuarias son factores clave para a competitividade económica do país, pero o esgotamento dos recursos naturais, a vulnerabilidade das pesqueiras, a seguridade alimentaria, a xestión de recursos hídricos, o transporte marítimo e intermodal e a eficiencia portuaria son cuestións centrais que requiren dunha rede investigación multidisciplinar e dunha renovada oferta de programas de doutoramento.

    É neste contexto no que xorde a colaboración coas universidades europeas de Nantes, Vigo e Syddansk, as tres especialmente relacionadas co mar. Manuel Varela lembra que Cambodia, “tras o período colonial francés está inmersa nun profundo proceso de transformación, que inclúe ás universidades, pero teñen carencias en canto a profesorado e persoal formado a nivel de doutoramento”, e é nese eido no que buscan asesoramento das universidades europeas.

    No caso de Vigo, achegarase a experiencia do programa de doutoramento en Ciencias mariñas, tecnoloxía e xestión Do*Mar, que coordina Manuel Varela, e outros relacionados co eido xurídico ou económico, por exemplo o programa de doutoramento en Ordenación Xurídica do Mercado. Pero o catedrático Cabeza destaca tamén que Vigo ten “unha bagaxe tecnolóxica que nos permite asesoralos en investimentos e en organización”. En esencia, resume, búscase concluír este proxecto creando unha rede de contactos e de relacións recíprocas entre as universidades.

    Para iso, na xornada deste luns a delegación cambodiana comezou por coñecer os grupos de investigación vigueses relacionados co eido mariño e ao longo da semana reuniranse con representantes do Campus do Mar e de Uvigo TV e visitarán o Porto de Vigo, Arvi, o Porto de Vilagarcía, cooperativas de mariscadoras, o Centro de Investigacións Mariñas, etcétera, xa que como destaca Varela “están tamén moi interesados en coñecer como se relaciona a Universidade con stakeholders, coa contorna e coa sociedade”.

    Escolas de verán e programas de intercambio
    Para crear unha rede estable de colaboración, os socios deste proxecto apostaron por organizar anualmente un workshop e un curso de verán no país asiático, así como programas de intercambio tanto de docentes e investigadores como de estudantes.

    De feito, dende outubro e ata decembro dúas estudantes da Universidade de Vigo realizarán unha estancia no país asiático. Tamén no mes de outubro, engade Cabeza, “terá lugar o primeiro workshop en Cambodia, no que van participar dúas profesoras da Universidade de Vigo e Elsa Vázquez, como representante do Campus do Mar”.

    43

    RelacionadosArtículos

    Y ahora tres días de huelga en Renfe: estas son las líneas y los horarios de servicios mínimos en Galicia
    Actualidad

    Y ahora tres días de huelga en Renfe: estas son las líneas y los horarios de servicios mínimos en Galicia

    08 de Feb, 2026
    Náutico de Vigo y Comisión Naval de Marín, vencedores de Trofeo Ría de Vigo para las clases dobles
    Deportes

    Náutico de Vigo y Comisión Naval de Marín, vencedores de Trofeo Ría de Vigo para las clases dobles

    08 de Feb, 2026
    Renfe mantiene la suspensión de regionales entre Vigo Guixar y Ourense, mientras reanuda el resto de servicios
    Local

    Renfe mantiene la suspensión de regionales entre Vigo Guixar y Ourense, mientras reanuda el resto de servicios

    08 de Feb, 2026
    El estrecho vínculo entre la perfección y la ansiedad
    Salud

    El estrecho vínculo entre la perfección y la ansiedad

    08 de Feb, 2026
    La Borrasca Marta pone en alerta los ríos: dos con aviso naranja en Vigo, uno en Redondela, Gondomar y Salvaterra
    Actualidad

    La Borrasca Marta pone en alerta los ríos: dos con aviso naranja en Vigo, uno en Redondela, Gondomar y Salvaterra

    08 de Feb, 2026
    Llega a juicio la redada en uno de los últimos clubs de alterne de Vigo: 19 mujeres sin Seguridad Social
    Sucesos

    Llega a juicio la redada en uno de los últimos clubs de alterne de Vigo: 19 mujeres sin Seguridad Social

    08 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Una ciudad de contenedores
    Más Vigo

    Una ciudad de contenedores

    El puerto de Vigo ha experimentado un crecimiento global importante en estos últimos años, sin embargo, el puerto de Leixões,...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR