David Regades valorou como «moi positivo» este foro de encontro en torno á realidade portuaria viguesa e ofreceu á Autoridade Portuaria a colaboración do Concello: «se ao Porto lle vai ben, a Vigo lle irá ben».
Na súa intervención, o segundo tenente de alcalde citou o funcionamento da estiba e do Posto de Inspección Fronteriza como principais nas necesidades actuais do Porto. Regades celebrou o acordo acadado na estiba, en base á liña de «moito diálogo» e unha «solución global», e reclamou «seguridade xurdídica» para fortalecelo.
Sobre o PIF, felicitou ao presidente da Autoridade Portuaria pola consulta realizada ante Europa para que estude as diferencias de funcionamento entre Vigo e Leixoes, unha «boa acción» que pediu ampliar ante o Goberno de España para non perder «competitividade» ata que a UE ditamine. Regades propuxo tamén consultar ao Ministerio de Sanidade para a resolución dunha cuestión que ten unha derivada «local», pois outros portos españois non teñen o problema do funcionamento do PIF existente en Vigo. Ao efecto, ofreceu a colaboración do Concello.
Maersk e cruceiros
Regades celebrou que o Porto de Vigo está tomando a senda axeitada pero reclamou «un esforzo máis» para recuperar os tráficos de contedores de Maersk, pola «porosidade e transversalidade» que ofrece a empresa danesa, ademais de recuperar o volume anterior de cruceiros no Porto vigués.
En segundo lugar, e para pechar a súa intervención, o segundo tenente de alcalde e tamén deputado provincial ofreceu o apoio do Concello para a «sacar adiante» un Plan de ordenación no Porto de Vigo, que o goberno vigués cre «necesario» e «un gran obxectivo» portuario.