Imprimir esta página

Tonacho: "O problema non está resolto e os responsables son a conselleira e o seu xefe"

20 Enero 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
O cerco galego acumula tres meses de loita en protesta polo reparto das cotas. O cerco galego acumula tres meses de loita en protesta polo reparto das cotas.

A frota do cerco de Galicia, que se atopa en protestas pola redución da cotas, decidiu rematar o vindeiro domingo coa acampada que manteñen en Santiago dende hai tres meses. O presidente de Acerga, o colectivo maioritario do sector, Antonio González 'Tonacho', fai unha avaliación da situación actual.

"A conselleira pode decir moitas cousas, pero o problema non está resolto. O único que se lle deu foron 10.000 quilos ós barcos que non tiñan nada de couta e quitouse unha multa. O mérito non é da consellería e da xente de Acerga que leva tres meses aquí" indicou o mariñeiro redondelán e engadiu que "moito máis non conseguimos. Non conseguimos por culpa da conselleira (Rosa Quintana) e o presidente da Xunta por non poñerse traballar dende o principio. Agora, neste momento, Cantabria acadou o mesmo que pedimos nós e o te­n porque a consellería de Cantabria ou como se chame alí, apoiou ós cántabros. Os asturianos, igual. Aquí o que facía falta era ése apoio e, se chega a facerse, a xente que está por fóra, que é a máis beneficiada, tamén estaría con nós. Non pedimos unha cousa que é xuntarse e loitar por Galicia, que é o que tiñan que apoiar a señora conselleira e o seu xefe Núñez Feijóo".

Os armadores reunidos en Acerga piden un sistema cotas xusto baixo unhas premisas claras que son un reparto liña, por barco tripulante e no que se teñan en conta as caturas históricas. É decir, que o principal criterio sexan os quilos por traballador. A vindeira semana volverá o mar e levantarán a acampañada de Santiago, pero manterán as protetas.

Antonio González 'Tonacho' engadiu que "o que se asinou en Cantabria foi unha copia da proposta que redactamos nós e que aquí foi vetada polo sector minoritario. Pasa na nosa zona, a minoría, que son 25 barcos, é a que decidiu. O que me din cando imos a negociar a Madrid é, primeiro xuntarvos vós e despois vindes aquí a pedir. Isto é o que falta aquí". O patrón amosouse moi crítico coa actuación da Xunta e engadiu que "vou a repetilo unha e outra vez, esta xente non está facendo nada pola pesca. Hai que botala fóra. A pesca artesanal vaia morrer. Vai quedar manipulado por chinos, xaponeses ou os que queden. Agora, coa nova lei de acuicultura, é o mesmo. Aínda a Xunta débelle cartos ás confrarías e ¿que confrarías vaia a ter cartos para comprar unha parcela de mar para facer unha acuicultura? Iso é para a xente de cartos".

"A xente que pense e que mire que esta xente quere privatizar todo o relacionado co mar"
Tonacho engadiu que " a acampada serviu para reivindicarnos. Fomos o único sector que estivo aquí tres meses e despois tivemos un apoio e valor humano que é moi importante. Agora coñecémonos tódolos patróns de Galicia, dende ó sur ó norte, e vale para falar e expoñer cada vez que teñamos un problema. Isto serviu para algo. Servirá para que saiba esta xente que non pode facer o que queira. E digo esta xente ou calquera a que teña o goberno".

Por último, o patrón redondelán e presidente de Acerga, invitou a reflexión: "Quero dicirlle a xente que nos segue polas redes, que gracias por seguirnos e ir pensando que veñen as eleccións aí. Que miren todo o que temos enriba e que miren o que teñen que facer. Que miren o que fai esta xente, que quere privatizar todo o relacionado co mar. Simplemente, darlle gracias por apoiarnos todos estes meses".

Acceso ó vídeo. 

Inicia sesión para enviar comentarios