18092019Mié
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 4pm

O BNG de Vigo oponse frontalmente ao novo recheo de Bouzas

O candidato do BNG á Alcaldía, Xabier P. Igrexas, ve primordial que o Concello tamén se pronuncie e diga que “o tempo dos recheos xa rematou

05 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha imaxe da reunión. / Foto: BNG de Vigo Unha imaxe da reunión. / Foto: BNG de Vigo

O BNG de Vigo reuniuse con representantes da Plataforma en Defensa da Ría para avaliar o anuncio de novos recheos por parte da Autoridade Portuaria que se pretenden levar a cabo na terminal de Bouzas. O candidato á Alcaldía, Xabier P.Igrexas, que estivo acompañado pola candidata número 3, Elsa Quintas e o responsábel local do Bloque, Serafín Otero, amosou a súa “oposición frontal” diante dunha decisión que considera “unha gravísima agresión medioambiental contra a ría” e unha decisión inxustificada e arbitraria que comprometería un “espazo natural de incalculábel valor”.

O BNG valora así, xunto a Serxio Regueira, presidente da Plataforma en Defensa da Ría, o anuncio da Autoridade Portuaria de facer novos recheos: “Está inxustificado seguir gañándolle terreo ao mar para gañar superficie portuaria nun momento onde o Porto non conta nin cun plan especial nin con delimitación de usos”, recorda Igrexas. E engade que é  inxustificábel unha agresión medioambiental deste calado para ampliar unha área de aparcadoiro para vehículos “que é o que se pretende facer”.

O candidato di que é moi chocante ademais que este anuncio chegue precisamente nun momento onde se está poñendo en marcha, por fin, a plataforma loxística da Plisan en Salvaterra que estaba chamada a ser o porto seco de Vigo e onde se reúnen as condicións óptimas para almacenar mercadorías que non van ser trasladadas por mar no mesmo momento: “Que se queiran gañar 65 mil metros cadrados ao mar atentando novamente contra a ría cando en poucas semanas van estar dispoñibles 200 mil na Plisan, e que ese recheo se vaia financiar vendendo as parcelas das que é propietaria a Autoridade Portuaria na propia Plisa, parécenos unha absoluta tomadura de pelo”, denunciou.

Igrexas cuestionou abertamente a necesidade argumentada pola Autoridade Portuaria lembrando que no mellor dos casos a produción de vehículos na planta viguesa de PSA situarase arredor do medio millón de unidades, preto de 50 mil menos que no seu récord histórico. “Se daquela Bouzas era suficiente porque agora xa non?

Ademais, o candidato nacionalista puxo en dúbida a necesidade de maior profundidade de calado. “O Canal de Panamá ou o porto de Leixoes en Portugal, non precisan de 20 metros de profundidade pero Bouzas si?”, preguntouse denunciando que o calado é apenas “unha escusa para seguir a aterrar a  nosa Ría” e lembrando que a cidade xa lle gañou 3 millóns de metros cadrados ao mar.

“O tempo dos recheos rematou”
O BNG exixelle á Autoridade Portuaria que cancele o proceso de elaboración do proxecto de aterramento como mínimo ata que o Porto conte tanto cun plan especial como de delimitación de usos. Xabier P.Igrexas ve fundamental tamén que o Concello tome cartas no asunto e se implique defendendo a Ría. “Pedimos ao Goberno municipal que non se poña de perfil, que se pronuncie e que diga claramente que non se pode volver atentar contra a ría. O tempo dos recheos en Vigo xa pasou”, di o candidato da fronte nacionalista. O Bloque reitera, xa que logo, a súa posición de que calquera actuación ten que ir precedida dunha reordenación dos usos portuarios. “O Porto non pode ser nin un almacén, nin un polígono industrial sobre o mar”, remachan.

“Entendemos que hai que apostar polo desenvolvemento do Porto e as súas potencialidades pero para iso hai que facer outras actuacións que son moito máis urxentes e necesarias como asegurar a conexión ferroviaria da terminal de Bouzas e poñer en marcha si ou si a saída sur de alta velocidade, non só de pasaxeiros senón tamén de mercadorías”, demandou.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

Tal día como hoy

1824

Sep


Cachamuíña, el héroe vigués, arruinado

"Don Bernardo González del Valle, retirado a s...

Leer más »


marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído