09122019Lun
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 2pm

galardóns

Feijóo empraza ao sector conserveiro a apostar pola investigación

O titular da Xunta presidiu este venres a entrega de medallas de Anfaco-Cecopesca

06 Mayo 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
Acto de entrega das medallas de Anfaco, este venres en Vigo. / Foto: Xunta Acto de entrega das medallas de Anfaco, este venres en Vigo. / Foto: Xunta

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, emprazou este venres ao sector conserveiro galego a seguir evolucionando da man da investigación e a tecnoloxía para competir fronte a terceiros países e para seguir abrindo novos mercados.

Durante a entrega de medallas de Anfaco-Cecopesca, Feijóo subliñou que nun mercado globalizado como o actual, no que entra en xogo a participación de terceiros países á marxe da UE, obriga ao sector a estar en garda permanente, e a realizar un continuo traballo de investigación e de innovación para que a produción nacional poda manter a súa cota de mercado.

“A demanda evoluciona, as esixencias do consumidor crecen e os hábitos cambian”, aseverou, destacando que Anfaco-Cecopesca leva anos apostando polo desenvolvemento de novos produtos nos que a biotecnoloxía ten un papel primordial non só para o enriquecemento nutritivo e alimentario das conservas ou preparados, senón para incrementar a súa calidade diferenciada.

Nesta liña, lembrou que fai apenas dous meses a cadea mar-industria en Galicia avanzaba un paso máis nesta carreira coa posta en funcionamento en Vigo do novo Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Mariña e Alimentaria (Cytma). Un centro tecnolóxico “que fixemos fronte á crise económica”, con 6.000 metros cadrados de superficie e un investimento total de 8,5 millóns de euros, que permitirá a posta en marcha de novas liñas de investigación no ámbito da alimentación.

“Estamos a falar dun novo brazo científico-tecnolóxico de Anfaco”, aseverou, ao que engadiu que o seu traballo centrarase no desenvolvemento de alimentos saudables e de calidade; en sistemas de mellora da seguridade alimentaria; no coidado do medio ambiente; na posta en valor de subprodutos e residuos de pescados e mariscos; na investigación sobre acuicultura; en novas tecnoloxías de conservación; e na modernización dos procesos de fabricación integrando as vantaxes da fábrica intelixente. “En definitiva a microbioloxía, a biofarmacia e a acuicultura son os tres eixes principais de actuación dos 91 profesionais que traballan nas súas instalacións”, dixo, a modo de resumo.

Feijóo expresou o seu convencemento de que este centro vai posicionar Vigo como a capital científica de Europa da industria da conserva, xa que esta nova unidade de investigación reforzará o traballo que xa ven realizando neste ámbito desde 1.991 o Centro Tecnolóxico de Conservación de Produtos da Pesca Cecopesca.

Así mesmo, o responsable do Goberno galego recordou que a Xunta puxo a funcionar tres Unidades Mixtas de investigación, que supoñen un investimento total de 28 millóns de euros co obxectivo de que os centros tecnolóxicos e as universidades se impliquen coas empresas no desenvolvemento de proxectos de I+D+i.

O titular da Xunta asegurou que Galicia é a rexión europea máis importante no que a pesca, marisqueo e conserva se refire. E, sobre este punto, subliñou o incremento na produción que, neste primeiro trimestre do ano, rexistrou un 20% no volume e un 12% en valor.

Feijóo rematou o acto felicitando aos premiados: ás traballadoras Olga Losada Díaz, Consuelo París Lema e Josefina Seoane Villar, “polo seu compromiso co traballo”; ao eurodeputado Francisco Millán Mon, “por defender os intereses de Galicia e por poñer voz ao noso sector nas institucións europeas”; e ao conselleiro de Economía, Francisco Conde, e a secretaria de Estado de I+D+i, Carmen Vela, “por apoiar desde a Administración o reto innovador que a industria mariña e alimentaria ten por diante”.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

Tal día como hoy

1617

Dic


Cangas, víctima de la saña turca


"Al amanecer de este nefasto día desemba...

Leer más »


urbanismo

  • Últimas noticias

  • Más leído