• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 9 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Manuel Reigosa avoga no inicio da súa campaña en Vigo por acadar un campus «con máis vida»

    O candidato de H2040 confirma a realización de estudos que buscan mellorar a conexión con Vigo e comarca
    Redacción por Redacción
    20 de Abr, 2022
    en Vigo
    0
    Manuel Reigosa avoga no inicio da súa campaña en Vigo por acadar un campus «con máis vida»

    Manuel Reigosa repasou as liñas programáticas e logros acadados. /Foto: UVigo.

    “Unha das cousas que máis botamos en falta é que haxa máis vida no campus. O alumnado vén a clase, fai prácticas, vai a seminarios, pero rematado iso, rematou a súa actividade na Universidade”, asegurou esta mañá no campus vigués o candidato a reitor de H2040 nas eleccións que se celebrarán na UVigo o vindeiro 4 de maio.

    No acto de inicio de campaña en Vigo Manuel Reigosa avogou por “darlle un empurrón para que o campus vigués cobre vida”, un obxectivo para o que, explicou, dunha banda, o equipo de goberno traballou na mellora das comunicacións, e doutra, o programa electoral recolle unha proposta de creación de novos espazos “que permitan crear lugares de encontro para o alumnado dos distintos centros e que ademais teñan actividades”, detallou Reigosa.

    No caso concreto do campus vigués, o candidato a reitor, que esta mañá estivo acompañado de parte do equipo co que concorre á reelección, tamén avanzou a realización doutras obras como un módulo e unha pasarela para atlanTTic, e unha pérgola na zona do aparcadoiro da Escola de Enxeñería Industrial. Xa fóra do campus de As Lagoas, Reigosa apuntou a creación dun módulo para o futuro Laboratorio Cuántico no edificio propiedade de Zona Franca na rúa López Mora, mentres que no caso da ETEA, confirmou a cesión do edificio Siemens, que se suma ao Faraday, mentres que no caso do Morse, asegurou, “son optimista”. Neste espazo, o candidato de H2040 reiterou a súa disposición a atender a petición da Facultade de Ciencias do Mar para trasladarse alí sempre cando se cumpran unhas condicións, e onde tamén se impartirían os mestrados relacionados co ámbito mariño da Facultade de Bioloxía, ademais de contemplarse a posibilidade dun futuro desenvolvemento do Centro de Investigación Mariña (CIM).

    Na procura de mellores conexións co campus

    Na súa exposición ante o PDI, PAS e alumnado do edificio de Ciencias Experimentais, Manuel Reigosa e o candidato a vicerreitor de Planificación e Sostibilidade, José Luis Míguez, explicaron o traballo que, co obxectivo de acadar unha mellor comunicación co campus, realizou o equipo de goberno nos últimos anos. E é que, segundo Reigosa, “a comunidade universitaria si quere apostar polo que albiscabamos hai 30 anos, cando tiñamos 30.000 estudantes e todos pensabamos que esta ía ser unha cidade universitaria, pero é certo que cada vez estamos máis lonxe. Creo que o efecto pandemia tamén parou isto, porque a xente acostumouse a seguir as clases en liña e non subir ao campus, pero cómpre darlle un empurrón e que o campus cobre esa vida”.

    Con este obxectivo, Reigosa explicou que se realizou unha primeira proposta para conseguir unha comunicación mellor co campus, pero non resultou viable desde o punto de vista económico, “pero pensamos que se pode facer unha chegada máis rápida, tanto desde Vigo, como desde o anel de concellos da contorna”.

    Pola súa banda, José Luis Míguez confirmou que se falou con empresas do ámbito da enxeñaría civil para facer unha primeira proposta coas mellores conexións coas vías de alta capacidade que rodean o campus vigués. “Fixemos a proposta que pensabamos que era a máis doada e non saíu, nin por distancias, nin por custo, pero seguimos a traballar e a idea é esa, ver como desde outras zonas podemos facer unha conexión viable e vir directamente e non estar sempre dando voltas por aí”, dixo o candidato a vicerreitor.

    Liñas programáticas e logros acadados

    Como fixera no acto de inicio de campaña do martes no campus de Pontevedra, este mércores no primeiro evento celebrado en Vigo, Reigosa debullou os eixos do seu programa electoral e repasou as realizacións máis destacadas do seu primeiro mandato, así como algúns obxectivos non acadados nos últimos catro anos de goberno.

    A consecución dun máximo de 240 horas de dedicación docente, un plan de estímulo á xubilación, un adianto na saída de prazas ou o impulso a programas propios de formación pre e posdoutoral, plan de promoción do persoal investigador ou plans de formación para o profesorado, son algunhas das propostas de H2040 no capítulo de PDI, onde o candidato reiterou a obriga de enfrontar un recambio xeracional e a necesidade de fichar xente nova.

    No caso do PAS, Reigosa lamentou que non fose posible mudar a Relación de Postos de Traballo (RPT), mostrando, pola contra, a súa satisfacción polo proceso de funcionarización, ao que unicamente non se acollerán 14 persoas. “Precisamos fichar xente e esperamos nos catro próximos anos ter un cadro de persoal que nos permita facer as cousas mellor”, dixo o candidato, que tamén confirmou que xa se entregara na mesa de negociación un plan piloto para a regulación do teletraballo.

    Entre as medidas contempladas no programa electoral de H2040 para o estudantado, Reigosa apuntou a proposta dunha oferta para que o alumnado faga máis vida nos campus, o fomento do asociacionismo e a posta en servizo de máis espazos para actividades. No ámbito da docencia, a candidatura encabezada por Reigosa aposta por mellorar a oferta de graos, mestrados e formación continua aproveitando as posibilidades que ofrecen os novos graos abertos, itinerarios integrados, formación dual e dobres títulos; así como pola captación de alumnado estranxeiro.

    O incremento progresivo da partida destinada a produción científica e de transferencia; o reforzo dos centros e estruturas de investigación e transferencia; o impulso á renovación das infraestruturas científico-técnicas e a internacionalización a través da captación, son accións que o candidato mencionou no capítulo de investigación. No ámbito da transferencia, H2040 aposta por incrementar os contactos con empresas, fomentar a súa participación en proxectos e internacionalizar os proxectos, ademais de apoiar a ciencia aberta. Reigosa tamén se referiu esta mañá á reformulación da xestión, mellorando o funcionamento da atención ao estudantado e PDI, simplificando procesos administrativos, implementando novos sistemas informáticos e automatizando procedementos administrativos.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro
    Más Vigo

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro

    Esta antigua fotografía tomada a principio de los años noventa del pasado siglo XX, y realizada con la clásica película...

    por Julio Alonso
    09 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR