17072019Mié
Última edición: Mar, 16 Jul 2019 11pm
05 Jul 2019

Os veciños de Navia únense á alarma polo posible uso de herbicidas tóxicos nos parques

A asociación Novo Vigo pide explicacións ao Concello de Vigo a través do Rexistro municipal

Publicado en Local

A Asociación Veciñal Novo Vigo uniuse á denuncia efectuada este xoves polo grupo municipal da Marea de Vigo sobre as “fumigacións con herbicidas de alta toxicidade” que se están a realizar no parque de Navia. Segundo o colectivo, os traballadores da concesionaria están a levar a cabo este labores “sen tomar ningunha medida de seguridade, ou tan sequera informativa, no aceso as zonas fumigadas”.

04 Jul 2019

Tres estudantes da UVigo, seleccionados para formarse na sede de Huawei en China

Aprenderán sobre telecomunicacións, investigación tecnolóxica e cultura chinesa en Shenzhen e Beijing

Publicado en Local

Andrea Busto, Guillermo Barreiro e César Gabriel Márquez participarán, coa totalidade dos gastos cubertos, nun programa formativo en China no que asistirán a un curso de formación en telecomunicacións e investigación tecnolóxica na sede da empresa, en Shenzhen, e a un curso de lingua e cultura chinesas en Beijing.

04 Jul 2019

Marea de Vigo alerta de intoxicacións de cans en zonas verdes da cidade

O grupo municipal pide aclaracións ao Concello sobre a fumigación con herbicidas que se está a desenvolver en Navia, O Castro e outros espazos axardinados

Publicado en Local

O grupo municipal da Marea de Vigo-Son en Común alertou este xoves da fumigación con herbicidas que está a levar a cabo o Concello nalgunhas zonas verdes de Navia, O Castro e “outros espazos axardinados” e esixiu unha “aclaración” ao respecto, xa que, segundo lles trasladaron os propios traballadores, os produtos empregados teñen “unha alta toxicidade” e poden estar relacionados cos casos de “varias mascotas intoxicadas e ingresadas en centros veterinarios”.

03 Jul 2019

El PP pedirá la nueva subestación eléctrica de Vigo en el Parlamento gallego

  Insta a la Xunta a dirigirse al Ministerio de Transición Ecológica para que desbloquee esta inversión

Publicado en Local

El portavoz popular, Alfonso Marnotes, acompañado de la concejala y diputada autonómica Teresa Egerique, ha anunciado hoy que el PP de Vigo presentará una moción en el Pleno del Concello y una Proposición no de Ley en el Parlamento de Galicia para instar al Gobierno central a que autorice la nueva subestación eléctrica.

03 Jul 2019

El Urban Planet de Vigo regala 15 entradas a los más rápidos en aparecer en su nuevo evento

El parque de trampolines organiza la ‘Friday Night Jump’, una actividad en la que los participantes saltarán al ritmo de DJs

Publicado en Local

El Urban Planet de Vigo, que abrió recientemente en el Centro Comercial Gran Vía, celebra este viernes 5 de julio a las 22:00 horas un evento especial para que sus usuarios salten al ritmo de la música que pincharán los DJs invitados a la fiesta.

03 Jul 2019

O BNG oponse á área comercial de Alcabre porque Vigo está “saturada” de centros en “desertización”

O concelleiro Xabier Pérez Igrexas rexeita que o proxecto teña ningún “interese xeral”, como defende o alcalde, e fala de “pelotazo” e “modelo especulativo”

Publicado en Local

Tras coñecerse a autorización de Urbanismo para que se poida construír unha área comercial no ámbito de Cruceiro, na parroquia de Alcabre, o BNG de Vigo mostrou este mércores á súa oposición ao proxecto, que prevé a instalación dun Bricomart e outras marcas aínda por confirmar nunha superficie de case 41.000 metros cadrados.

vigo en festas 2019

vigo

turismo

  • Últimas noticias

  • Más leído