«Mentres o concelleiro do PP en Vigo –pese a non estar fisicamente na cidade- mentía sobre a inexistente contaminación das augas ou sobre a existencia de polideportivos con persoas hacinadas; os veciños e veciñas de Vigo, xunto cos servizos de bombeiros, policía local, protección civil e todos os medios dispoñibles no Concello, loitaban contra o lume obrigados polo lamentable abandono da Xunta de Galicia», asegura as Xuventudes Socialistas nunha nota de prensa.
Ademais, engande que «é indecente, inaceptable e un insulto aos vigueses e ás viguesas, que o concelleiro do PP volvese unha vez máis e en liña con todos os cargos do seu partido, a usar a mentira, a desinformación e a alarma como cortiñas de fume para tapar as vergoñas da pésima xestión medioambiental, carencia de medios, descoordinación e manifesta incapacidade dos cargos competentes da Xunta de Galicia, a única saída aceptable ante a patente falsidade das súas declaracións e de non ter estado á altura das circunstancias é que o Sr. Diego Gago pida desculpas aos vigueses e viguesas e presente de inmediato a súa demisión como concelleiro da nosa cidade».
O comunicado chega despois de que este mércores o concelleiro socialista Carlos L. Font fixera público no pleno municipal un audio no que Diego Gago afirma nunha entrevista radiofónica durante a noite do día 15 que a auga non era potable.
Artículo relacionado:
AUDIO: El PSOE acusa a un concejal vigués del PP de difundir un bulo durante los incendios