«Hoxe é un día moi importante, recibimos unha gran noticia, e xa podemos anunciar que imos a restituír a Teis unha débeda que tiñan os gobernos municipais de Vigo, porque xa é hora de devolver a Teis unha parte do que Teis deu á cidade», sinalou Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.
A cesión dos terreos por parte de ADIF permite que o Concello de Vigo poida empezar a traballar hoxe mesmo para a planificar a conversión da zona nun «espazo de encontro» para os cidadáns no que haberá paseo para peóns, bicicletas e puntos de esparexemento.
«Xa estamos en condicións de licitar o proxecto, xa é nosa a vía verde. Un século tivemos que esperar, a entrada do tren facíase a ceo aberto, pero houbo dúas coincidencias tras gañar a Alcaldía, o goberno Zapatero escoitoume e toda a xente que estaba en ADIF xa traballara comigo», engadiu o rexedor.
Caballero lembrou tamén que a nova entrada ferroviaria posibilitou que «non se rompera a cidade, facer a saída sur e adicionalmente poder facer unha vía verde de catro quilómetros para entrar en Vigo». Respecto ao novo lugar de encontro, explicou que esta mesma semana houbo unha reunión cos colectivos de Teis e reclamaron que a vía verde fose porosa para ter accesos desde distintos puntos.
«Empezaremos maña a tirar simbolicamente os muros e empezaremos a construír a senda verde», sinalou o alcalde antes de aclarar que a primeira fase do proxecto será para todo o percorrido para peóns e bicicletas, mentes que nunha segunda irán os espazos de encontro. «Esta cesión e para sempre», destacou.