• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 26 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    8M

    Vigo programa unha ducia de actos polo 8M: teatro, cine, música e contacontos

    O martes, 8 de marzo, ás 10 horas terá lugar o tradicional Pleno específico do Consello municipal da Muller no Concello e pola tarde, ás 19:30 horas, a manifestación convocada por Galegas 8M desde a Praza de España
    Redacción por Redacción
    03 de Mar, 2022
    en Local
    0
    Vigo programa unha ducia de actos polo 8M: teatro, cine, música e contacontos

    Abel Caballero e Ángeles Arias presentaron este mércores a programación no Salón de Plenos do Concello. / Foto: Concello de Vigo

    O alcalde, Abel Caballero, e Ángeles Arias, en representación do Consello municipal da Muller, informaron este mércores da programación para este 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, co lema “Feminismo, revolucionando o mundo”.

    Segundo avanzou Caballero, as actividades se inician este mesmo sábado, 5 de marzo, e conclúen o próximo día 22 deste mesmo mes e ofrecen unha proposta “da maior relevancia”, variada e con cabida para todos os públicos, con cine, contacontos, teatro, poesía, música e roteiros.

    Arias detallou a ducia de accións previstas. O sábado 5 ás 19 horas, proxección da curta “Anatomía dunha serea”, de Adriana Páramo, no Auditorio municipal do Concello, con coloquio posterior coa directora e a actriz Iria Piñeiro. O luns 7, á mesma hora, recital aberto de poesía de xénero, con Silvia Penas, na Casa Galega da Cultura.

    O martes, 8 de marzo, ás 10 horas terá lugar o tradicional Pleno específico do Consello municipal da Muller no Concello e pola tarde, ás 19:30 horas, a manifestación convocada por Galegas 8M desde a Praza de España.

    Auditorio Municipal

    Os actos continuarán desde o día seguinte. O mércores 9, ás 20 horas, representación da obra de teatro “Tabú”, da compañía Tarabela Creativa, no Auditorio municipal do Concello (para público de máis de 13 anos). O xoves 10, ás 20 horas, proxección do filme “La ola verde”, de Juan Diego Solanas, no Auditorio do Centro municipal de Teis. O venres 11, ás 17:30 horas, contacontos de igualdade por Paula Carballeira, na Praza 8 de marzo (para maiores de 4 anos) e o sábado 12, desde as 11 horas, visita guiada ao roteiro feminino Sons de Mulleres, a cargo de María Casar, con punto de encontro no Paseo de Alfonso.

    A semana posterior tamén haberá programación. O 15 de marzo ás 20 horas se celebrará o acto de entrega do X Premio de Igualdade Ernestina Otero no Auditorio municipal do Concello, que recaeu este ano na catedrática África González. Ao día seguinte, o 16 de marzo, ás 20 horas comezará a representación da obra de teatro “As alumnas”, de Fina Calleja e texto de Paula Carballeira, no Auditorio municipal do Concello (para maiores de 14 anos), mentres que o 17 de marzo, ás 20 horas, se proxectará o filme “Sonita”, de Rolhsareh Ghaem, no Auditorio do Centro municipal de Teis.

    As actividades concluirán o 22 de marzo coa actuación musical do grupo Filloas de Cassandra, no salón de actos do MARCO, ás 20 horas.

    Programación do BNG

    Pola súa banda, o Bloque Nacionalista Galego vén de presentar este mércores en Vigo a súa campaña para o 8 de marzo baixo o lema ‘Queremos todos os dereitos e querémolos xa’. A fronte nacionalista propón unha batería de 22 actuacións urxentes en «defensa da igualdade real e efectiva entre homes e mulleres» porque, a xuízos das nacionalistas, malia os avances conseguidos pola presión social das masivas mobilizacións dos últimos anos «a lista de incumprimentos coas mulleres é inaceptábel».

    A fronte nacionalista propón unha batería de 22 medidas urxentes. «É necesario pasar dos discursos aos feitos para avanzarmos na igualdade e na consecución de máis dereitos para as mulleres», apuntou a deputada no Parlamento galego Carmela González, que lembrou que as mulleres cobran aínda 4.000 euros menos ao ano que os homes e continúan a asumir os traballos máis precarizados.

    Charla-coloquio ‘As mulleres na Reforma Laboral’

    Este xoves 3 de marzo, o BNG organiza unha charla-coloquio baixo o título ‘As mulleres na Reforma Laboral’. O acto terá lugar na sede do Bloque en Vigo (rúa Celso Emilio Ferreiro, 3) a partir das 20 horas. Contará coa intervención de Ester Mariño, técnica de Igualdade da CIG. Baixo a mesma temática, o venres 11 de marzo terá lugar unha charla en Gondomar.

    Acto de Galiza Nova ‘As mulleres no eido sindical’

    O venres 4 de marzo, Galiza Nova realizará unha palestra sobre ‘As mulleres no eido sindical’ ás 18 horas no Centro Social A Revolta (rúa Real, 12). Falarán Isabel Leite, traballadora da conserveira Orbe e delegada sindical da CIG, Pilar Casás, traballadora nun centro de chamadas, e Iria Custodio, responsábel comarcal da organización xuvenil do BNG. 

    43

    Tags: 8MDía Internacional de la Mujer

    RelacionadosArtículos

    Escolares de Vigo plasman su visión sobre la igualdad en una exposición en Travesía
    Local

    Escolares de Vigo plasman su visión sobre la igualdad en una exposición en Travesía

    20 de Mar, 2025
    La UVigo y Aimen visibilizan el liderazgo femenino en la ciencia y la innovación
    Ciencia y Tecnología

    La UVigo y Aimen visibilizan el liderazgo femenino en la ciencia y la innovación

    10 de Mar, 2025
    Miles de personas reclaman bajo la lluvia en Galicia igualdad y el fin de las violencias machistas
    Actualidad

    Miles de personas reclaman bajo la lluvia en Galicia igualdad y el fin de las violencias machistas

    09 de Mar, 2025
    Cientos de personas se manifiestan convocadas por la CIG contra la brecha de género y la discriminación laboral
    Local

    Cientos de personas se manifiestan convocadas por la CIG contra la brecha de género y la discriminación laboral

    08 de Mar, 2025
    Galicia volverá a la calle este 8M con decenas de manifestaciones convocadas
    Local

    Vigo conmemora el 8M con manifestaciones, música, exposiciones y homenajes

    07 de Mar, 2025
    No más brecha salarial
    Opinión

    No más brecha salarial

    07 de Mar, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Caballero: «Dentro de muy pocas semanas tendremos en Vigo la noticia del siglo: se aprueba el PXOM»

    por Redacción
    21 de Jul, 2025
    0

    Detectadas (al menos) once viviendas «clandestinas» en la entreplanta de dos edificios de Navia

    Detectadas (al menos) once viviendas «clandestinas» en la entreplanta de dos edificios de Navia

    por Andrea Mariño
    21 de Jul, 2025
    0

    Guerra abierta en Vigo a los «cotos privados» a la playa: «No solo es en la isla de Toralla»

    Guerra abierta en Vigo a los «cotos privados» a la playa: «No solo es en la isla de Toralla»

    por Redacción
    23 de Jul, 2025
    0

    Caballero anuncia un (pequeño) cambio en el concierto de Jason Derulo en Vigo

    Caballero anuncia un (pequeño) cambio en el concierto de Jason Derulo en Vigo

    por Redacción
    23 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El último lujo
    Más Vigo

    El último lujo

    Muchas personas pasan la vida soñando con lujos inalcanzables, con unos lujos y privilegios entre los que se encuentran casas...

    por Julio Alonso
    26 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo
    Más Vigo

    Un álbum de vistas de Vigo de hace un siglo

    En 1890, dos fotógrafos suizos abrían en Madrid una imprenta de artes gráficas especializada en fototipia. Desde entonces, Oscar Hauser...

    por Eduardo Rolland
    08 de Jun, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Así los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Fernando Castro Paredes recibe o Premio Galaxia de Novela
    Libros

    Fernando Castro Paredes recibe o Premio Galaxia de Novela

    O Hotel Compostela de Santiago acolleu este xoves o acto de entrega do Premio Galaxia de Novela ao escritor Fernando...

    por Redacción
    17 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Antonio Machado, 150 años de días azules y soleados
    Opinión

    Antonio Machado, 150 años de días azules y soleados

    Este 26 de julio se cumplen 150 años del nacimiento de uno de los personajes más influyentes de la Generación...

    por Cristina Lorenzo
    26 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR