“É unha acción da maior importancia, porque rehabilitaremos 2.200 vivendas con importantes achegas do goberno de España e do Concello para iniciativas como instalar ascensores e salvar tres e catro alturas», sinalou este martes o alcalde, Abel Caballero.
Ademais, o Concello tamén propón a ampliación do ARI das rúas Bueu e Moaña para pasar de 26.000 a 70.000 metros cadrados, de 45 a 74 edificacións e de 360 a 996 vivendas.
Ámbito de Montana
Por outra banda, a Xerencia de Urbanismo solicitou á Xunta de Galicia a Avaliación Ambiental Estratéxica do Plan Especial de Reforma Interior da UAE Montana. O ámbito está situado na parroquia de Alcabre e busca a ordenación urbanística da zona con vivendas unifamiliares.