Coma sempre, a loita polo Halloween e o Samaín protagoniza a programación do fin de semana e o luns e o martes, festividade de Tódolos Santos. Na tradición celta xa se celebraba a noite do 31 de outubre co Samaín, festa celta dos difuntos, para celebrar o final da tempada de cosechas nunha época de abundancia adicada a preparar a conservación dos alimentos para pasar o invierno. Co paso dos anos e a invasión da popular festa americana de Halloween, a liña entre ambas desdibúxase e o tributo aos defuntos e as cabazas xúntanse con disfraces e historias de medo.
Este sábado, día 29, a Asociación Cultural da Vila de Bouzas organiza o seu propio Samaín con talleres para os máis cativos pola tarde, un concurso de receitas de outono e música, todo na Alameda.
O alcalde convidou este xoves a todas as familias viguesas a celebrar a festa do Samaín na rúa co programa de actividades que ten previsto o Concello para o próximo luns día 31 de outubro.
Na Porta do Sol, dende as 17:00 horas da tarde e ata as 20:00 horas haberá obradoiros infantís de preparación de cabazas, maquillaxe, manualidades e cociña «terrorífica»; dende as 19:30 do serán os máis pequenos da casa poderán gozar da contacontos Ana Carreira e, a partir das 19:30, haberá un pasacalles a cargo de Troula Animación, que comezará o percorrido na Farola de Urzáiz.
O Calvario celebra combina ambas festas durante todo o fin de semana con festexos no mercado e unha exaltación do polbo e o mexilón ademáis de actividades para os máis pequenos e música. Será dende o venres, día 27 e durante o sábado e o domingo. Ademáis, o vindeiro luns, entre as 17:00 horas e as 20:00 horas do serán, O Calvario acollerá obradoiros infantís de elaboración de cabazas, lanternas, sombreiros, pratos e maquillaxe «de terror», amais de contancontos por Ana Carreira e, dende as 20:00 horas, un serán tradicional que recreará a Asociación folclórica e cultural O Fiadeiro e que se prolongará ata as 23:00 horas da noite.
Ademais, o rexedor deu conta tamén das actividades organizadas polo Museo Liste ao longo desta semana nas que participan nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria, nun programa que continúa este venres, con explicacións sobre a orixe da celebración do Samaín e obradoiros de carácter lúdico no que elaboran disfraces ou maquillaxe «terrorífica», entre outras accións. Ademáis, celébranse os roteiros guiados por Pereiró.
Pola súa banda, a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo celebrará a súa Festa do Samaín o vindeiro lúns 31 de outubro a partir das 17:00 horas na Praza do Berbés onde estará instalada unha carpa cuberta en previsión de mal tempo. Un día antes, para ir abrindo boca, celebrarase baixo esa carpa, na Praza do Berbés a partir das 11 horas, un Obradoiro de Bailes Agarrados e unha sesión vermú.
O fin de semana as instalacións de Vigosónico tamén serán escenario dun Samain diferente os dias 28, 29 e 30 de outubro con un montón de actividades interesantes e entrada de balde.
Ademáis da programación de asociacións culturais e veciñáis, a maioría dos locales nocturnos da cidade ofrecen este fin de semana festas temáticas relacionadas con Halloween e na área metropolitana tamén existen diversas ofertas para todos os gustos con roteiros nocturnos para pasar medo en Salvaterra, Mos ou Gondomar, entre outros.
Máis de 800 persoas participarán este ano neste roteiro organizado polo Concello de Salvaterra co fin de promover esta festividade a parte de dinamizar e ser tamén un escaparate turístico do propio Concello, xa que dentro dos máis de 50 grupos que participarán nesta actividade encontranse grupos vidos de diferentes partes da comarca e incluso Vigo, ademáis de grupos do país veciño. Os grupos participantes sairán a partires das 20.00h, cada 6 minutos, así durante toda a noite. Unha noite que esperamos que sexa terroríficamente divertida para os asistentes, e que mistura a tradición coa propia historia local, xa que durante o percorrido encontraranse con diferentes persoaxes históricos do municipio.
En Gondomar, na parroquia de Couso, a comisión de festas de San Cristovo celebran tamén a súa II Andaina Terrorífica de Samaín que aínda ten prazas dispoñibles e un custe de 5 euros por persona e de 3 euros para os menores de catorce anos. A saída será según orden de chegada dende a capela dos Remedios.
En Mos, na parroquia de Cela, tamén se celebra unha noite terrorífica, coa terceira edición da súa Ruta do Terror.
En Nigrán, pola súa banda, o Concello programa todo o fin de semana e ata o martes actividades para os máis cativos pero tamén para os pais.