Abel Caballero e Miguel Anxo Fernández Lores comparecieron conxuntamente en rolda de prensa logo de manter un encontro no que tamén estiveron presentes Carmela Silva, David Regades, César Mosquera e Anabel Gulías. Ambos rexedores coincidiron na necesidade de normalizar a relación institucional de dúas cidades que teñen un espazo común económico e social «moi significativo», en verbas do rexedor vigués.
Tal e como explicaron aos medios, Caballero e Lores coincidiron na necesidade de mellorar as conexións entre Vigo e Pontevedra, buscando vías para abaratar o tramo na AP-9- e retomando o proxecto de construir unha autovía libre de peaxe. Respecto do transporte por ferrocarril, abogaron por contar cunha liña de proximidade para poder optar as subvencións que concede o Estado a este tipo de conexións. Na súa intervención, Caballero apuntou o demanda irrenunciable da cidade de Vigo a contar con tren de alta velocidade.
Ademas das infraestruturas, os alcaldes apuntaron outros espazos de colaboración como son a cultura, a rede museística, o intercambio de grupos musicais ou o deporte de base, con grande presenza en ambas cidades. Caballero rematou a súa intervención reiterando que hai que enmarcar esta visita institucional dentro da «normalidade de trato de dúas cidades unha relación social e económica cada vez máis forte».
A visita do alcalde de Pontevedra prodúcese unhas semanas máis tarde de que Abel Caballero mantivera un encontro con Fernández Lores no Concello de Pontevedra.