Os seus restos foron velados na sala dez do tanatorio de Pereiró, onde este domingo celebrouse un acto cívico- poético na súa memoria. Participaron entre outros o presidente de Real Academia da Lingua, Xesús Alonso Montero, que fixo lectura dos versos que Kruckenberg adicou a García Lorca en 1958.
Afectada por unha grave doenza, unha das súas últimas intervencións públicas foi en 2013. Invitada por Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, contou a súa traxectoria acompañada pola súa biógrafa e amiga, Mercedes Queixas. Foi recoñecida en vida tanto en Galicia como na súa propia cidade, Vigo, onde se lle adicou unha praza, entre Travesía de Vigo e Jenaro de la Fuente, e se lle ergue un monumento nas Avenidas.
Praza Constitución e Queremos Galego!
O acto do Día das Letras Galegas celebrouse na praza da Constitución, onde o alcalde mencionou a importancia da cultura galega na cidade. “Hoxe é un día de festa en Galicia e en Vigo, una cidade que sinte moi de cerca a raíces da cultura galega, lingua, danza, tradicións, costumes… porque en Vigo vivimos Galicia de forma intensísima, dunha forma moderna, coas tradicións máis antigas, as que enraiza o olivo de Vigo”, sinalou.
Pola súa banda, a plataforma Queremos Galego! fixo este domingo unha chamada a reivindicar o idioma como “garantía de futuro”. A movilización, a máis numerosa de toda Galicia, partiu do cruce de Vía Norte con Urzaiz coa participación de centos de persoas, entre elas o voceiro do BNG, Xavier Vence.